A sede da Fundación Novacaixagalicia en A Coruña acolle, do 28 de xullo ao 20 de agosto, a exposición “ExpoSyfy. Viaje fantástico”, que reúne un centenar de obxectos orixinais das películas máis emblemáticas da historia do cine fantástico e de ciencia ficción, propiedade de Maite Mínguez Ricart.
A exposición, organizada pola canle Syfy Universal coa colaboración de Novacaixagalicia, propón un percorrido pola historia do cine de xénero dende os anos 30 ata a actualidade, da man de fotografías e obxectos orixinais tan míticos como a maqueta da estación espacial “Estrella de la muerte” da película Star Wars, a espada de Arnold Schwarzenegger en Conan, el Bárbaro, a mano utilizada por Robert Englund en Pesadilla en Elm Street, a máscara de Batman, a túnica e a careta de Scream, ou o sombreiro de Dick Tracy, entre outros.
Ditos obxectos son só unha pequena mostra dos máis de 1.800 que, dende fai máis de quince años, atesora a colección da empresaria cinematográfica Maite Mínguez Ricart, considerada polos expertos como unha das mellores de obxectos de cine a nivel mundial. “ExpoSyfy. Viaje fantástico”, que coincidirá coa Feria do Cómic de A Coruña, contará coa presenza da propietaria da colección, que falará da súa paixón polo coleccionismo de obxectos procedentes das rodaxes das películas que escribiron a historia do cine.