CINEMA PALLEIRISO E 30 ANOS DA FEDERACIÓN DE CINECLUBES DE GALICIA

27 / 06 / 2014

A Federación dos Cineclubes de Galicia (FECIGA), cumpre o seu trinta aniversario no mes de xullo de 2014. Para conmemorar o citado aniversario, a federación convidou aos participantes daquel histórico fito fundacional e aos cineclubes, a un festivo encontro en Chantada, este sábado 28 de xuño de 2014.

O obxectivo, por unha parte é apostar polo  cineclubismo rural, fronte a inexistencia de cine nas aldeas e parroquias de Galicia, e ao mesmo tempo,  axudar ao cineclube Os Papeiros para poñer en pé o «Cinema Palleiriso»,  convirtindo unha antigua palleira situada moi preto de Chantada, en Garabelos (parroquia de San Martiño de Mariz),  en sala de proxeccións.

De seguido atoparás o programa de actos previsto:

10:30 h. Recepción de participantes e cineclubes.

11:00 h. Campo de traballo no Cinema Palleiriso.

14:00 h. Sesión vermú co «Trío Motobomba», composto polo dueto de Cristina Asenjo R. (acordeón) e Samuel S. Figueiras (guitarra e voz)

Cristina é habitual de O Sonoro Maxín, do que Samuel participou até hai ben pouco.

14:40 h. Xantar de leira.

16:15 h. Coloquio café; debate sobre o cinema no rural. 

18:30 h. Inauguración do «Cinema Palleiriso» con música e cinema.

Haberá unha sesión de cinema en 16mm a cargo de Cris Lores (cineclube Pontevedra, que cumpre ademáis este ano os 50 anos de existencia) e o cinema dixital aportado polos cineclubes; contaremos cunha escolma dos traballos feitos por Charlie Chaplin (para conmemorar o centenario do seu primeiro filme).

21:00 h. Remate da xuntanza.

Máis info premendo aqui.

Categoría: Novas
Etiquetas: