CINECLUBE PADRE FEIJOO E OUFF PRESENTAN IL DIVO

14 / 02 / 2012

Este mércores 15 de febreiro de 2012, no Cinebox Ourense, en sesións ás 18, 20.30 e 23 h, o Cineclube Padre Feijoo e OUFF rematan o ciclo de cine político para retomar as sesións despois do entroido, cun ciclo de cine francés.

IL DIVO

Il divo, Italia, 2008. Cor, 110 min. Dirección: Paolo Sorrentino • Producción:Indigo Film / Lucky Red / Parco Film / Babe Film / Studio Canal / arte France Cinéma (Coproducción Italia-Francia ) •Guión: Paolo Sorrentino • Música: Teho Teardo • Fotografía: Luca Bigazzi • Intérpretes: Toni Servillo, Anna Bonaiuto, Piera Degli Esposti, Paolo Graziosi, Giulio Bosetti, Fanny Ardant, Flavio Bucci, Carlo Buccirosso, Giorgio Colangeli, Alberto Cracco, Lorenzo Gioielli, Gianfelice Imparato, Massimo Popolizio, Aldo Ralli, Giovanni Vettorazzo

• Festival de Cannes 2088; premio do xurado.Premio técnico

• Premios David di Donatello; 7 premios, incluido mellor actor.

• Premio do cine europeo 2008: Mellor actor (Toni Servillo)

Sipnose: Narra as presuntas relacións de Giulio Andreotti – sete veces primeiro ministro e unha das figuras máis controvertidas da política italiana- coa mafia siciliana, delitos polos que foi procesado nos anos 90 e absolto por falta de probas.

 

 

Categoría: Novas
Etiquetas: