O CINE DE AMAL CHEGA A BISCAIA

12 / 11 / 2012

O vindeiro mércores 14 de novembro proxectarase unha das películas de Amal dentro das xornadas sobre o Magreb que organiza o Concello de Getxo (Biscaia) 

O Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal colaborará en devanditas xornadas exhibindo a película “Harragas”, de Merzac Allouache. A proxección será ás 19,00 h da tarde no Aula de Cultura de Gexto, en Algorta. “Harragas” é unha longametraxe de ficción de nacionalidade francesa que trata a cuestión da inmigración.

As Xornadas sobre o Magreb organízanse en Getxo ata o 17 de Novembro e incluirán todo tipo de actividades culturais ao redor do mundo árabe. Exposicións, cine, obradoiros de danza, charlas, obradoiros de cociña, de escritura, conta contos e ata unha festa magrebí terán lugar en Getxo (Biscaia) estes días, e poderá participar xente de todas as idades.

Mostras de cine Amal

O Festival Internacional de cine euroárabe Amal organiza ao longo do ano diversas mostras das películas proxectadas nos seus dez anos de vida, para achegar ao público de toda España, Europa e o mundo enteiro un cine que, na maioría de ocasións, non se proxectou en ningunha sala, pero que grazas a Amal chega a miles de persoas.

A próxima proxección de cine de Amal será no mes de Decembro en Andalucía, nunha colaboración do Festival coa Fundación Tres Culturas de Sevilla.

Categoría: Novas
Etiquetas: