A partir deste mércores 9 de novembro, o Cineclube Padre Feijoo, en colaboración co Instituto iberoamericano de Finlandia, comeza un novo ciclo que se estenderá durante tres semanas, para deter a mirada no cine de Finlandia. Rematará o mes cunha proxección especial adicada á montaña en homenaxe ao Clube Alpino Ourensán, que cumpre este ano o seu 40 aniversario. Ao conxunto dos tres filmes adicados a Finlandia, e un, á montaña, titúlase “Ao nordés”.
Os pases, como vén sendo habitual, serán ás 20.30 e ás 23.00 horas, no Cinebox Ourense (Centro Comercial Ponte Vella, Av. Ribeira Sacra, 50), e as entradas serán de 4,00 euros (3,00 euros no caso de estudantes con carné universitario e parados). Tódalas sesións son en versión orixinal, con subtítulos en castelán)
Para o ciclo cóntase co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ourense, así como da Federación de Cineclubes de Galicia, que realizou as xestións, diante do Instituto iberoamericano de Finlandia.
Éste mércores 9 de novembro proxectarase, pois, o filme finlandés “Pueblo de silencio” (Vaiennut Kylä) de Kari Väänen. (O director é actor habitual de Kaurismäki) no que retrata a historia dun pobo, tralo asasinato dun, dos seus habitantes, e no que todos o seus habitantes calan.
O día 16, “A ciegas” (Sokkotansi) de Matti Ijäs, é un drama de coñecidos actores finlandeses, que retrata a crise existencial duns adolescentes, que se atopan sen referencias nas que construir as súas vidas.
Por último, dentro do ciclo de cine de Finlandia, proxectaremos o filme “Eila” de Jarmo Lampela. Película, que estivo nominada a 8 premios do cine en Finlandia, dos cales gañou o de mellor director e mellor interpretación femenina.
Para rematar o mes, finalizarase cunha proxección especial; “Tocando el vacio” (Touching The Void) de Kevin McDonald. Producción británica, baseada en feitos reais, que documenta a historia de dous montañeiros; Joe Simpson e Simon Yates,cando escalaban en 1985, a montaña do espectacular Siula Grande, un pico peruano de máis de 6 mil metros de altura, e un deles rompe unha perna, tentando o outro, baixalo a un lugar seguro, mais, as cousas non resultan tan fáciles.
Esta última proxección, é un particular homenaxe do Cineclube Padre Feijo, ao Clube Alpino Ourensán- Manzaneda, polo seu corenta aniversario.
Mércores 9 de novembro de 2011. Cinebox Ourense, 20:30 e 23 h.
Pueblo de silencio (Vaiennut kylä)
Finlandia, 1997. Cor, 78 min. Director: Kari Väänänen. Producción: Villealfa Filmproduction yo. Guión: Kari Väänänen. Dolby, VO finlandés, con subtítulos en castelán. Interprétes: Taisto Reimaluoto, Sari Havas e Taneli Mäkelä.
Tralo asasinato dunha habitante dun pobo, todos os veciños gardan o mesmo silencio. Ata que chega un novo policía que desexa resolver o caso, pero atópase con que todos calan.
Seleccionada no Oldenburg International Film Festival
Mércores 16 de novembro de 2011. Cinebox Ourense, 20:30 e 23 h.
A Ciegas (Sokkotanssi)
Finlandia, 1999. Cor, 90 min. Director: Matti Ijäs. Producción: Dada-Filmi Oy. Guión: Matti Ijäs. Dolby, VO finlandés, con subtítulos en castelán. Interprétes: Martti Suosalo, Walter Gröhn e Mikko Vanhala
A acción de “A ciegas” sitúase nunha pequena cidade costeira, nos anos 60. O mozo protagonista, Jontti, quen atravesa algo así como unha crise existencial, se entera de que o seu pai ten outra muller. Mentras, o seu mellor amigo, tamén tentará resolver algúns problemas.
Seleccionada no Mar del Plata Film Festival de 1999, e no European Union Film Festival 2001
Mércores 23 de novembro de 2011.Cinebox Ourense, 20:30 e 23 h.
Eila (Eila)
Finlandia, 2003. Cor, 94 min. Director: Jarmo Lampela . Producción: Blind Spot Pictures Oy. Guión: Tove Idström. Dolby, VO finlandés, con subtítulos en castelán. Interprétes: Sari Mällinen, Ilkka Koivula e Hannes Suominen
Eila traballa como señora da limpeza. Seu fillo, recén saido da cárcere, múdase con ela. Eso non é todo, no seu traballo comezan os problemas sindicais. Eila non desexa ir á folga porque o seu traballo é a única maneira de darlle ao seu fillo unha nova vida. Sen embargo, cando recibe unha carta de despido, decide querelarse contra o estado.
Mércores, 30 de novembro de 2011. Cinebox Ourense, 20:30 e 23 h.
Proxección especial do cineclube, en homenaxe ao Clube Alpino polo seu corenta aniversario.
Tocando el vacio (Touching The Void)
Reino Unido, 2003. Cor, 106 min. Director: Kevin Macdonald. Producción: FilmFour / UK Film Council / Channel 4 / PBS . Guión: Joe Simpson (Novela: Joe Simpson). Música: Alex Heffes. Fotografía:Mike Eley . Dolby, VO Inglés, con subtítulos en castelán. Documental, baseado en feitos reais.
Documenta a historia de dous montañeiros; Joe Simpson e Simon Yates,cando escalaban en 1985, a montaña do espectacular Siula Grande, un pico peruano de máis de 6 mil metros de altura, e un deles rompe unha perna, tentando o outro, baixalo a un lugar seguro, mais, as cousas non resultan tan fáciles.
Máis información e imaxes en http://cineclubepf.blogspot.com