CICLO DE CINE EUROÁRABE NO MACUF

20 / 10 / 2011

Mañá, venres 22 de outubro, dende ás 20.00 e ata as 21.00, terá lugar a proxección de oito curtametraxes da sección Amal Experimental do coñecido Festival Internacional de Cine EuroÁrabe Amal, que se celebra en Santiago de Compostela do 24 ao 29 de outubro.

Estas mesmas curtas tamén se proxectarán do martes 25 ao sábado 29 de outubro de 11.00 a 14.00h e de 17.00 a 21.00 horas en bucle na sede do Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa en A Coruña. A entrada para calquera pase é libre.

Tedes máis información en http://www.macuf.es/htdocs/cine_amal_experimental.html

Categoría: Novas
Etiquetas: