O Centro Galego de Artes da Imaxes proxecta durante o mes de marzo os seguintes ciclos:
0 0 1 227 1299 USC 10 3 1523 14.0 96 800×600 Normal 0 false false false ES-TRAD JA X-NONE /* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:”Table Normal”; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-priority:99; mso-style-parent:””; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:Calibri;}
*HOMENAXE PUNTO DE VISTA: AMIR MUHAMMAD E SYLVAIN GEORGE. Unha aproximación á obra de dous documentalistas contemporáneos, o malaio Amir Muhammad e o francés Sylvain George, marcados polo seu compromiso e capacidade de reflexión.
*JAN ŠVANKMAJER. Retrospectiva completa dedicada ao mestre checo da animación.
*ARTAVAZD PELECHIAN. Proxección de oito traballos do lendario documentalista armenio nado en 1938 ao que Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui, homenaxea na edición deste ano. Unha colaboración co certame galego (prolongada con outro ciclo no mes de abril) que contén o engadido do documental de Pietro Marcello EL SILENCIO DE PELECHIAN.
E as seccións habituais:
*FÓRA DE SERIE. Dous clásicos en DCP: VÉRTIGO e PSICOSIS de Alfred Hitchcock. Estrea de THE TURIN HORSE, último filme de Béla Tarr.
Proxección con acompañamento musical -o piano de Javier Pérez Castro- da copia restaurada e con metraxe inédita de METRÓPOLIS (1927) de Fritz Lang co gallo do 21 aniversario do CGAI.
*OFF GALICIA. CONTRA A MORTE, unha nova montaxe do documental de Alexandre Cancelo e Iago Martínez sobre Lois Pereiro; sesións dedicadas a Lois Patiño e Xacio Baño e a recuperación de UN CUENTO PARA OLIVIA de Manane Rodríguez.
*CGAI JÚNIOR. CANTANDO BAJO LA LLUVIA de Gene Kelly e Stanley Donen