O Centro Galego de Artes da Imaxe presenta mañá mércores día 14 de decembro (18.00 e 20.45 horas) a última película de Bertrand Bonello, “L´Apollonide”, estrea en Galicia logo do seu pase en Cineuropa. O ciclo dedicado a Bonello conclúe o xoves día 15 co pase do filme-concerto Ingrid Caven, music et voix (2006). L’APOLLONIDE (SOUVENIRS DE LA MAISON CLOSE)
(Francia, 2011)
Dirección e guión: Bertrand Bonello. Produción: Les Films du Lendemain, My New Picture e arte France. Fotografía: Josée Deshaies. Intérpretes: Hafsia Herzi, Céline Sallette, Jasmine Trinca. Duración: 122 minutos.
Sección Oficial Cannes 2011. A inicios do século XX nun prostíbulo de París, unha prostituta é desfigurada por un cliente. Marcada traxicamente, a convivencia e o universo pechado segue o seu discorrer no burdel. Ambicioso retrato de grupo e, en simultáneo, de individualidades que vai ter estrea en España.