O Centro Galego de Artes da Imaxe comeza a súa programación do ano 2012 hoxe martes día 10 de xaneiro (20.00 horas) co pase do documental de Martin Scorsese George Harrison: living in the material world (2011), exploración pola traxectoria dun dos membros de The Beatles. GEORGE HARRISON: LIVING IN THE MATERIAL WORLD
(Estados Unidos, 2011)
Dirección: Martin Scorsese. Produción: Grove Street Pictures, Spitfire Pictures, Sikelia Productions e Grove Street Productions. Fotografía: Robert Richardson e Martin Kenzie. Duración: 208 minutos.
Con imaxes e gravacións inéditas, o documental de Martin Scorsese vai do nacemento de George Harrison en 1943 ata a súa morte en 2001. Moitos sucesos, os seus anos tolos como Beatle, os altos e baixos da súa carreira en solitario, a súa experiencia como produtor (os Monty Python), todo salpicado polas alegrías e mágoas da súa vida privada. Harrison viaxou, coñeceu a moitos dos grandes personaxes do século XX. Á marxe da épica, un traballo cheo de material de arquivo que tenta indagar na dimensión máis persoal de Harrison. Xentes como Eric Clapton, Terry Gilliam, Eric Idle, George Martin, Paul McCartney, Yoko Ono, Tom Petty, Phil Spector, Ringo Starr ou Jackie Stewart, entre outros, falan abertamente sobre George e as vivencias que compartiron con el.
O CGAI 2012 CO PASE DE GEORGE HARRISON: LINVING IN THE MATERIAL WORLD, DE MARTIN SCORSESE
Categoría: Novas
Etiquetas: