O CGAC PROPÓN UNHA INTENSA ACTIVIDADE AUDIOVISUAL NAS PRÓXIMAS SEMANAS

27 / 10 / 2011

Nas próximas semanas, o Centro Gallego de Arte Contemporáneo (CGAC), con sede en Santiago, desenvolverá un amplo programa de actividades que inclúe dende exposicións de gran formato ata ciclos de curtametraxes, pasando por proxeccións de vídeos, concertos e conferencias. O Centro Gallego de Arte Contemporáneo propón para as próximas datas unha intensa actividade relacionada co ámbito audiovisual. Entre o 22 e o 29 de outubro terá lugar un ciclo de curtas experimentais do Festival de Cine Euroárabe Amal de Santiago. No centro proxectaranse oito cintas onde se recollen algúns exemplos de cine de Líbano, Palestina, Qatar, Exipto ou Arxelia, como The Last Passenger, premiada no último Festival de Cannes. Ademais, dende o 20 de outubro, o Auditorio do centro acolle a proxección das pezas de vídeo Secret Strike Japan e Secret Strike Inditex, ambas da artista catalana Alicia Framis e pertencentes á colección CGAC. A última delas, de feito, foie producida ex-profeso para a exposición monográfica que celebrou o centro en el 2006. Na segunda quincena do mes de novembro terán lugar os ciclos de cine Escuela de Berlín, Andres Veiel e Visións de Galicia, integrados dentro do Festival Cineuropa.

No apartado de exposicións, destaca a mostra “Jeff Wall: The Crooked Path”, que ocupará tódolos espazos expositivos do centro, e suporá a máis completa exposición sobre o artista canadense en España. As actividades relacionadas con Wall continuarán na segunda quincena de novembro, cunha nova cita do ciclo de concertos “Música e arte” baixo o título “Jeff Wall: retrato sonoro”. Tamén no ámbito musical, o día 2 de novembro, a banda franco-italiana “L’Enfance Rouge” actuará nun concerto en colaboración con Sinsalaudio e, grazas a unha colaboración co Máster en Arte, Museología e Crítica Contemporánea da Universidade de Santiago, o catedrático de Estética e Teoría da Arte da Universidade de Salamanca, José Luis Molinuevo, pronunciará a conferencia “El cuerpo de la imagen” o xoves 3 de novembro.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: