CATORCE ESPECTÁCULOS LOGRAN ALGUNHA DAS NOMINACIÓNS PARA OS PREMIOS DE TEATRO MARÍA CASARES

8 / 03 / 2010

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) acaba de dar a coñecer os finalistas dos Premios de Teatro María Casares, durante a terceira edición da Festa dos Nominados. Unha cerimonia na que se deron cita un centenar de profesionais reunidos nas instalacións do Polígono Novo Milladoiro, en Ames. Un total de catorce espectáculos, dos 34 que se presentaban, conseguiron nominacións en algunha das trece categorías. A relación de premiados non  se coñecerá ata a entrega de premios que terá lugar no Teatro Rosalía Castro de A Coruña o vindeiro 24 de marzo.

“A Esmorga”, de Sarabela Teatro e “O Segredo dos Hoffman”, de Lagarta, Lagarta, foron os espectáculos que consiguieron maior número de nominacións, con doce e sete, respectivamente. Durante o acto, os finalistas recolleron o seu Diploma de Nominación, xunto cunha peza de  artesanía de Sargadelos, especialmente realizada para a Festa dos Nominados,que acredita que optan ós premios nas súas respetivas categorías.

Durante o acto, o presidente da AAAG, Vicente Montoto, destacou que tanto os Premios de Teatro María Casares como esta III Festa dos Nominados “xa son un momento central no noso esforzo permanente por difundir e promover a actividade dos nosos profesionais, e das Compañías teatrais  galegas. E, por suposto, de estimular ó público, que  incrementouse de maneira notable nestes anos”.

Montoto tamén aproveitou para lembrar que o premio de honra Marisa Soto deste ano foille concedido a Gonzalo Uriarte, o primeiro presidente da AAAG despois da súa fundación en 1985, como símbolo “do recoñecemento á labor de moitos dos compañeiros e compañeiras que fixeron posible que cheguemos ós primeiros 25 anos con saúde, con moito entusiasmo, e con máis esforzos que medios”. E precisamente neste aniversario do nacemento desta entidade, o presidente da AAAG lembrou a estrea do novo local, situado preto do anexo que Santiago Sur Galicia cedeu á  asociación para acoller a Festa dos Nominados.

Tanto os premiados como o propio Uriarte recibirán os seus galardóns na gala dos Premios de Teatro María Casares, organizada pola AAAG e o Concello de  A Coruña e que conta co patrocinio do AGADIC, a Direccion Xeral de Creacion e Difusion Cultural, a Fundacion AISGE, o Padroado de Cultura de Narón, Caixanova, Gadis, SGAE, Fundacion Autor, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, Cadena Ser y TVG, que retrasmitirá a gala.

La Asociación de Actores y Actrices de Galicia (AAAG) acaba de dar a conocer el nombre de los finalistas a los Premios de Teatro María Casares, en el transcurso de la tercera edición de la Fiesta de los Nominados. Una ceremonia de proclamación de los finalistas en la que un centenar de profesionales se dieron cita en las instalaciones anexas a la nueva sede que la entidad estrenó para esta ocasión en el Polígono Novo Milladoiro, en Ames. Catorce espectáculos, del total de 34 que se presentaban, consiguieron nominaciones en alguna de las trece categorías. La relación de premiados no se conocerá hasta la entrega de premios que tendrá lugar en el Teatro Rosalía Castro de la Coruña el próximo 24 de marzo.

 

 

Categoría: Novas
Etiquetas: