O luns 28, ás 18:00 horas, no Cine Teatro de Ribadeo comezará o casting de actores para o concurso de curtametraxes express, A Toda Mecha. Este proxecto enmárcase no IV Festival On&Off, promovido por Mr Misto Films, coa colaboración da Consallaría de Cultura da Xunta de Galicia, a través da Axencia Audiovisual Galega.
O perfil que se busca dende a productora é o de homes de mediana idade, mulleres e rapaces novos, para facer realidade os 14 proxectos que se están a xestionar. Os grupos participantes no A Toda Mecha proveñen de diferentes comunidades do país, aínda que tamén haberá representación estranxeira nesta IV edición do Festival.