CÁSTING DE FIGURANTES PARA A SERIE “MATALOBOS” EN MARINEDA CITY

3 / 07 / 2012

A produtora Voz Audiovisual busca persoas de tódolos perfiles para colaborar como figurantes na serie. Se quere converterse nun veciño de Sardiñeira ou traballar para o clan máis famoso da TVG, esta é a súa oportunidade. Búscanse todo tipo de perfiles. Altos, baixos, xoves ou maiores; toda aquela persoa que teña interese por participar pode achegarse a esta gran selección. Xente con e sen experiencia ante as cámaras, de tódalas idades e complexións físicas. Só é imprescindible ter a  documentación en regra para poder ser contratado. 

A semana pasada, as instalacións da produtora en A Grela acollían a celebración dun primeiro casting. Máis de 600 persoas achergáronse, ao longo da mañá, ata os platós de Voz Audiovisual. Pero foron moitos máis os que non chegaron a tempo… Uns porque se enteraron tarde e outros porque as súas ocupacións non lles permitían dispoñer da mañá do luns. Ante o aluvión de chamadas e correos electrónicos, agora, teñen unha nova oportunidade.

Para a ocasión e tendo en conta a gran afluencia da primeira convocatoria, Voz Audiovisual buscou un lugar máis cómodo e fácil de ubicar para os interesados… e para que a espera sexa moito máis amena. A cita, en Marineda City  (Ctra. Baños de Arteixo, nº 43. 15008 A Coruña), na segunda planta e xunto aos ascensores principais. Será este venres, 6 de xullo, e estenderase ata as dez da noite.

O horario completo: de 12:00 a 15.00 horas, e de 16.00 a 22.00 horas. Para presentarse ao cásting non é necesario chamar antes, basta con acudir á cita coa documentación en regra. Avísase aos asistentes de que a entrega das follas de inscrición comezará ás 12 da mañá e prolongarase ata as 8 da tarde. Pero non se repartirán máis solicitudes a partir das 20.00 horas, a fin de dispoñer do tempo suficiente para atender a todas as persoas inscritas. A selección consistirá nunha proba de cámara e un par de fotografías.

 

Actores profesionais

Para aquelas persoas que queiran dedicarse á interpretación, de maneira profesional, o cásting contará coa presenza dun equipo de asesores da Escola de Ficción de Voz Audiovisual. A productora abriu xa o prazo de inscrición para os aspirantes á segunda promoción, que dará comezo no mes de setembro. A escola seleccionará neste proceso a un total de 20 alumnos por cada unha das tres especialidades de que se compón: Guión, Interpretación, e Cámara e Realización; os cales se formarán mediante un programa de estudios eminentemente práctico, cuxas características se poden consultar xa en www.vozaudiovisual.com ou chamando o teléfono 981 180 100.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: