“OS CAMIÑOS DO MEDO”, PERCORRIDO CONCEPTUAL POLO CINE DE TERROR

4 / 02 / 2013

Do 23 de febreiro ao 25 de maio, de 11.00 a 14.00h tódolos sábados impartirase o curso “Os camiños do medo” por Javier G. Trigales.

Dende as barracas de circo de “Freaks” ata as sagas de “torture porn” como “Saw” o Cine, o “mundo das sombras” ao que aludía Máximo Gorki, foi un potente transmisor dunha das emocións máis universais: o medo. O seu traslado a imaxes goza dunha das linguaxes máis ricas e codificadas dentro do audiovisual. Considerado durante anos un xénero “menor”, o cine de terror pide a gritos ser descuberto como se merece. Este curso pretende, dun xeito lúdico, afondar na súa historia, mecánica e autores máis recoñecidos. Todas as clases requiren de análise de secuencias e exercicios prácticos.

Paralelamente, como complemento este curso, desenvolverase no museo o ciclo de cine Terror en serie (B): xoias de baixo presuposto e o ciclo de conferencias Voces na néboa: diseccionando o cine de terror.

A inscrición está aberta ata o 20 de febreiro.

Categoría: Novas
Etiquetas: