“BLADE RUNNER” NA ESCOLA DE IMAXE E SON

29 / 10 / 2007

Este martes día 30, como remate do ciclo de ciencia ficción dos anos 80, ás 19,15 horas no salón de actos do IES Imaxe e Son (Someso 6, A Coruña) proxectaráse “Blade Runner”. A proxección enmárcase na actividade de proxección de filmes na Escola de Imaxe e Son chamada CICLORAMA, que recupera en pantalla grande as películas máis significativas de distintos xéneros e temáticas, que moitos non tiñeron ocasión de visionar no seu día, e que agora xa non é posible contemplar máis que en formato televisivo.

O filme do vindeiro martes, “Blade Runner”, é unha influínte película de ficción científica dirixida en 1982 por Ridley Scott a partir dun guión escrito por Hampton Fancher e David Peoples, baseado libremente na novela “Do Androids Dream of Electric Sheep?” (“Soñan os androides con ovellas eléctricas?)” de Philip K. Dick . A película protagonízana Harrison Ford, Rutger Hauer, Sean Young, Edward James Olmos e Daryl Hannah. Ao principio, polarizou aos críticos; algúns estiveron descontentos co ritmo, mentres que outros gozaron da súa complexidade temática. O filme funcionou mal nos cines norteamericanos pero tivo éxito no estranxeiro. Malia a pobre venda de entradas, foi apreciada polos fans e académicos e converteuse nunha obra clásica do culto.

CICLORAMA dispón dunha páxina web onde se pode consultar as películas que se proxectarán e os ciclos que se levarán a cabo durante este curso: http://www.ciclorama.tk

I.E.S. Imaxe e Son (A Coruña)
Telf contacto: 627 790 697/ 981 173 502 (Isabel Romero)

Categoría: Novas
Etiquetas: