As películas finalistas dos Premios Mestre Mateo viaxarán ás Comunidades Galegas do exterior

2 / 03 / 2022

2 de marzo de 2022 | Esta mañá anunciouse que o Ciclo Mestre Mateo viaxará ás Comunidades Galegas do exterior, en virtude da colaboración entre a Academia Galega do Audiovisual e a Secretaría Xeral da Emigración. Na rolda de prensa estiveron presentes Antonio Rodríguez Miranda, Secretario Xeral da Emigración; Jacobo Sutil, director da AGADIC e Álvaro Pérez Becerra, presidente da Academia Galega do Audiovisual. Tamén interviñeron por videoconferencia persoas representantes dos centros galegos no exterior. 

O Ciclo Mestre Mateo é unha iniciativa que proxectará con periodicidade mensual as finalistas dos Mestre Mateo en concellos de toda Galicia aos que, a partir de agora, se unirán os centros galegos de Berlín, Bos Aires, Caracas, Londres, Madrid, Montevideo, Sevilla e Tarragona. Ler máis.

Fotografía: Secretaría Xeral da Emigración.

Categoría: Novas
Etiquetas: