AS MULLERES CINEASTAS E DE MEDIOS AUDIOVISUAIS DE GALICIA ÚNENSE EN “CIMA” PARA DEFENDER A PRESENCIA EQUITATIVA DA MULLER

29 / 04 / 2009

Manane Rodríguez, Inés París, Patricia Ferreira, e Chelo Loureiro, presentaron a delegación galega de CIMA, que defende unha sociedade máis igualitaria e diversa e a igualdade de oportunidades no cine e o audiovisual. Icíar Bollaín, Chus Gutiérrez, Isabel Coixet, Nieves Maroto, son algunhas das 18 cineastas españolas impulsoras desta Asociación que loita pola igualdade de xénero no audiovisual, atendendo ás particularidades de cada Comunidade Autónoma 

A iniciativa de constitución de CIMA (Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais) tivo como escenario Madrid, pero nela participaron recoñecidas mulleres profesionais do cine e do audiovisual galego. Agora, esta Asociación abre as súas portas en Galicia coa posta en marcha da Delegación que hoxe presentaron en Santiago de Compostela, a guionista Inés París –presidenta de CIMA-, a produtora e delegada de CIMA en Galicia, Chelo Loureiro, a directora de orixe galego Patricia Ferreira, e a directora Manane Rodríguez, ambas vogais da Xunta Directiva de CIMA a nivel estatal.

Foi precisamente Manane Rodríguez quen fixo a presentación do acto, salientando a importancia de que sexa Galicia a segunda Comunidade Autónoma na que se constitúe esta Asociación como Delegación –a primeira foi Cataluña-, e contextualizou na realidade da produción cinematográfica e audiovisual a importancia de levar a cabo esta iniciativa, en aras de lograr a igualdade entre homes e mulleres no sector, entre outros obxectivos. Ó acto asistiron perto de 50 persoas, o 97 % mulleres, quedando pequeno o salón de actos do CIP. 

Inés París: “unha Asociación para cambiar a realidade actual”

Así o afirmou a presidenta de CIMA, Inés París, que ademais informou da situación actual en España: as mulleres que ocupan postos directivos no audiovisual, son unha minoría. No cine, só o 7 % son directoras; o 15 % guionistas; o 21 % produtoras (estatísticas dos últimos dez anos), afirmando que “non é unha stuación que cambie por sí mesma, porque menos mulleres dirixen a súa primeira película hoxe que hai 10 anos, polo tanto, non existe renovación xeracional”.Ante este problema –afirmou Inés París- “pódese considerar que “non importa” (chegar ou non llegar nesta profesión é só cuestión de capacidade e talento) ou ben que “algo pasa”, que hai barreiras sociais, xurídicas, estruturais (ás veces máis claras e ás veces “invisibles”) que no eido do cine e a televisión (como noutros medios de poder económico  e ideolóxico)  dificultan o acceso das mulleres”.

Para a presidenta de CIMA, “Só a existencia dunha asociación que impulse medidas concretas para cambiar a realidade actual pode transformar a situación. É o que fai CIMA”. Confirmou tamén que “en España temos un marco legal que nos avalia: a Lei de Igualdade de Dereitos que protexe os dereitos das mulleres no campo industrial, profesional e no creativo. Pero –advertíu- se a lei non se desenvolve con medidas concretas para cada campo profesional non serve; tampouco se non se vixía o seu cumprimento”. Referiuse tamén a que a ausencia de mulleres na creación e industria do audiovisual é: a) Inxusta, porque unha parte da población é discriminada en función do seu sexo, e b) porque é un problema de dimensión social e política, xa que afecta á creación de contidos; por exemplo: oretrato das mulleres a través dos personaxes femininos (estereotipados, pasivos, sen vida profesional…),  ou o tratamento que se fai da violencia contra as mujeres nas películas escritas e dirixidas por homes (mirada  “complacente”). Por último, Inés París explicou a función de CIMA, concretada en:

  1. Amosar a situación e analizar as súas causas e consecuencias (estudo de Fátima Arranz)
  2. Crear un importante grupo de opinión e presión social e mediática que a través do diálogo coas Institucións (Ministerios, televisións), logrou  medidas de igualdade na lei de cine, paridade nas comisións e xurados, etc.
  3. Permitir que as mulleres desta profesión se organicen, coñezan, dialoguen, e busquemos xuntas solucións para o futuro: o mellor exemplo foi o PRIMEIRO ENCONTRO DE CIMA realizado en Decembro de 2008, que reuníu a mulleres de España e Iberoamérica. Do Encontro saíron unhas conclusións que están en mans de tódalas instancias de poder que poden facer algo. Estamos preparando o SEGUNDO ENCONTRO que reunirá ás mulleres do audiovisual europeo en 2010 (con motivo da presidencia española da Unión Europea).

Chelo Loureiro: “En el sector audiovisual sólo se piensa en masculino”

A delegada en Galicia de CIMA, Chelo Loureiro, afirmou que “Ainda que no existen estudos exhaustivos sobre o panorama nas diferentes CCAA, o que se refrexa no estudo a nivel do estado pode trasladarse ao resto do país, e así nos atopamos con que nos créditos de calaquera produción audiovisual seguen a aparecer homes maioritariamente salvo nas especialidades ‘femininas’ por excelencia: maquillaxe, perruquería e vestiario; actrices sobre todo en papeis de reparto e axudantes de todo tipo, pero non postos directivos, a pesar de contar con margníficas profesionais na Dirección Artística e Técnicas varias, Directoras, Guionistas, Compositras, Produtoras Executivas…”

O mesmo panorama describíu Chelo Loureiro “nos equipos directivos de produtoras, Consellos de Administracións de empresas privadas e, o que é máis preocupante, públicas como na RTVG, Direccións Xerais, etc. Por non falar de Membros de xurados en Festivais, Seleccionadores de películas, Comités de Expertos… por algunha razón só se pensa en masculino”.Contrastou estas afirmacións coa realidade das nosas Escolas e Universidades, “están repletas de mulleres. O 40% do alumnado da Escola de I e S da Coruña son mulleres, e o 70% das Facultades de Comunicación Audiovisual tamén… ¿que vai suceder con todas estas profesionais unha vez rematados os estudos?”  

Actividades de Cima

Para intentar cambiar esta realidade –afirmou Chelo Loureiro- utilizaremos tódalas ferramentas posibles:

Denunciando os incumplimentos das normas establecidas en materia de xénero.

Apoiando á Administración para que se fomente o empleo implementando un baremo como o da última convocatoria de axudas do Audiovisual da Xunta de Galicia (creo que foi a primeira Administración a nivel do estado que así o estableceu), no que se valoraba con maior puntuación ás empresas que contratasen mulleres profesionais para determinados postos directivos.

Organizando unha mostra de Cine de Mulleres, con películas dirixidas por directoras españolas, onde estarán lóxicamente as galegas Patricia Ferreira, Manane Rodríguez , Sandra Sánchez ou Margarita Ledo, que intentaremos percorran as sete cidades. As longametraxes irán precedidas de curtas dirixidas polas moitas cineastas galegas xoves que tentan abrise un camiño profesional.

E promocionar ás nosas profesionais a través dunha ferramenta indispensable hoxe en día como é internet: estamos a rematar en CIMA unha Plataforma Dixital ou PORTAL para as mulleres do Audiovisual. 

“Se non só de pan vive o home, tampouco só de pan vive a muller”

Chelo Loureiro referiuse tamén ó papel da Administración, que “é crecente a axuda á Muller no que respecta a cuestións de carácter legal e á súa protección ante a violencia de xénero, por pór un exemplo evidente. Esta é, sen dúbida, unha demanda necesaria da sociedade actual. Partimos da idea de que a política, especialmente no que se refire á Muller, debe aspirar a iluminar zonas en sombra, co fin de que aos poucos o sol vaia saíndo, en igualdade de condicións, para as mulleres, en todas e cada unha das paisaxes vitais da existencia humana. Se non só de pan vive o home, tampouco vive só de pan a muller. A parte de ter asegurada a súa integridade física, a súa situación legal e laboral, a muller necesita ampliar o seu horizonte para poder empezar a vivir, máis aló de sobrevivir. Superar a vella imaxe, deixar de ser vistas como sobreviventes ou como vítimas das circunstancias, deixar de estar na sombra da cultura, da arte e do progreso, para pasar a ser protagonistas e artífices”: esta foi a rotunda afirmación da delegada de CIMA en Galicia.

A constitución de Xurados ou especialistas e asesores en diversas materias, tamén foi un tema abordado: “A pesar dos seus claros e visibles avances, neste momento a muller, nunha parte substancial do panorama que se mostra á vista, experimenta e sofre unha inadvertida invisibilidad para o mundo da cultura. Por pór un exemplo, cando se requiren membros para un xurado ou especialistas e asesores en diversas materias, ou se buscan candidatos para ser premiados, as mulleres ocupan o postrer lugar. Sempre hai un home -no referente mental dos que seleccionan-, influente ou preparado, que poida ocupar ese posto.

A igualdade de condicións, adoita pesar máis o home que a muller. Sinxelamente por unha convención educacional e un prexuízo social subconsciente. É así que no disco duro dos nosos cerebros predominan as imaxes masculinas, mentres que se atopan ensombrecidas as figuras femininas. É dicir, sen que haxa un real ou sincero rexeitamento cara ás mulleres, os focos do escenario adoitan iluminar, por defecto (e en exceso), xeralmente aos homes. A misión da CIMA sería, pois, traballar activamente en favor de que a situación cambie e representa, de cara á sociedade, unha actitude progresista, sobre todo no que respecta a un feminismo iluminador, entendido desde a harmonía, a integración e a difusión dos valores persoais das mulleres como sexo creativo, con mirada orixinal e propia, e como persoas de sensibilidade e capacidades prolíficas para a revisión construtiva dos valores esenciais da sociedade. 

Patricia Ferreira: “CIMA, un lugar de integración e encontro” 

Pola súa parte, a directora de cine e vogal da Xunta Directiva da Asociación, Patricia Ferreira, fixo un ‘balance’ do proceso que seguíu CIMA desde a súa creación, relatando que “CIMA comezou a súa andaina agora fai uns tres anos. Nun comenzo, as compoñentes da Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuales, foron directoras. Directoras de cine acostumadas a traballar soas e a atoparse só cando un acto ou conmemoración  as convocaba para tratar o tema da presencia feminina no cine. De aí xurdíu a idea de CIMA como comentra Inés París.

O núcleo orixinal de CIMA estaba formado por 18 cineastas que foron as socias fundadoras”. Pero a vocación de CIMA –afirmou- “foi desde ese mesmo momento converterse nun lugar de integración e encontro de tódalas mulleres do cine e o audiovisual español que quixeran formar parte deste proxecto. Para empezar a traballar xa non desde a soedade, senón desde a solidaridade”.  Pouco a pouco foron uníndose a CIMA mulleres de tódolos ámbitos profesionais, especialmente daqueles nos que o acceso á profesión e a posibilidade de chegar a postos directivos e creativos de trascendencia era máis difícil. Así, forman parte de CIMA directoras, produtoras, guionistas, directoras de fotografia, de arte, montadoras, directoras de casting, Directivas de la Televisión e do mundo da distribución, Xestoras de eventos cinematográficos, etc…

E, neste momento, tras ter conseguido unha madurez importante como Asociación, despois de varios proxectos e numerosas actuacións, “queremos ampliar a Asociación a todas aquelas mulleres que sen ser xefas de equipo, demostren unha traxectoria e unha vocación por pertencer a estas profesións do mundo audiovisual. Tódalas mulleres cineastas, actrices, axudantes, cámaras, … queremos que todas estean con nós. CIMA quere ser unha plataforma de mulleres cun obxectivo común por riba de outros obxectivos particualres: conseguir que as mulleres do cine e do audiovisual español ocupen os puestos creativos e de responsabilidade que queiran e se merecen”. 

As Delegacións 

Os estatutos de CIMA prevén que, cando exista un número determiñado de socias nunha Comunidade Autónoma que manifiesten o seu desexo de formar unha delegación, así se faga. Neste momento deben elexir a unha representante que pasa a formar parte da Xunta Directiva de CIMA.“E tamén neste momento –informou Patricia Ferreira- xa hai delegación de CIMA en Cataluña e as socias andaluzas éstán en marcha para formar a súa delegación o próximo mes de maio”.CIMA Galicia, pola súa parte, comezou a xestarse hai pouco menos dun ao.

Hai pouco menos de un ano, como dixo un xornal, empezamos a “reunirnos nunha cafetería”, para coñecernos, para poñer en común os nosos problemas e aspiracións e, pouco a pouco, sempre “subendo a escaleira”, como ben dixo nun artigo Chelo Loureiro, concretouse esta CIMA Galicia que hoxe vos presentamos”. Reunidas as socias, procedeuse a votar a unha representante e tamén a unha persoa suplente que cumplise as súas funcións cando ela non poidese. Para o cargo de suplente en Galicia, foi nomeada Marta Villar, a directora artística á que todos coñecedes, e como representante de CIMA Galicia nomeouse a Chelo Loureiro.   

Categoría: Novas
Etiquetas: