As curtametraxes chegan á programación do Ciclo Mestre Mateo

1 / 10 / 2024

O Ciclo Mestre Mateo incluirá por vez primeira curtametraxes na súa programación. As nove curtas finalistas na pasada edición dos premios Mestre Mateo serán proxectadas en 24 concellos de toda Galicia en virtude da colaboración establecida entre o Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA), a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) da Xunta de Galicia e a Academia Galega do Audiovisual (AGA). Para máis información facer clic AQUÍ.

Categoría: Novas
Etiquetas: