Arteria Noroeste lanza un novo programa de cursos para os próximos meses nos que pódese adquirir formación en tódalas ramas do audiovisual. Dende a fotografía de espectáculos ate os adentros do cine e a tecnoloxía audiovisual, pasando por un curso de formación en comunicación da empresa audiovisual. No teléfono 981 56 91 83 ou na dirección de correo electrónico gnieves@sgae.es pódense formalizar as inscricións e ampliar información sobre calquera dos cursos.
OUTUBRO. CURSOS E SEMINARIOS
14 out – 11nov
“FOTOGRAFÍA DE ESPECTÁCULOS” [20 horas]
Profesor: Xabier Carrasco
Aprendendo a sacar partido á fotografía diante dun escenario. Prácticas baixo supervisión en eventos públicos.
19 – 22 out
“TECNOLOXÍA AUDIOVISUAL” [16 horas]
Profesor: Joaquín Riera
Bases teóricas de electrónica, física ou matemáticas que resultan útiles, prácticas ou necesarias para traballar con equipos audiovisuais.
19 out – 5 nov
“INTRODUCCIÓN AOS MEDIOS AUDIOVISUAIS” [20 horas]
Profesor:Rodolfo González
Curso práctico que aborda conceptos básicos dos diferentes procesos dunha obra audiovisual: guión, dirección, produción… Rodarase unha curtametraxe baixo supervisión.
19 – 29 out
“APRENDER A COMUNICAR A NOSA EMPRESA CULTURAL, AUDIOVISUAL E DE ESPECTÁCULOS” [20 horas]
Profesor: Xoan Luaces
Nocións básicas e prácticas para que unha pequena ou mediana empresa do ámbito cultural aprenda a comunicar o seu produto de xeito simple e efectivo.
Desde el 27 de octubre
“CICLO CINE POR DENTRO + MASTER CLASS” (de 18 a 20h apróx)
Trátase dunha Master Class onde o invitado principal, protagonista ou docente, é un director audiovisual (cine ou televisión) de renome. Este escolle os seus partenaires entre a xente coa que traballara para enriquecer o coloquio posterior á proxección : guionista, compositor, actores, etc…Con todos eles iniciase unha mesa redonda moderada polo analista de cine e escritor Miguel Anxo Fernández. O autor fronte o crítico
PROXIMAMENTE: Backline, Plastianimación, Obradoiros de composición, Bandas sonoras, Cine con clase