ARRUGAS E CHICO & RITA, NOMEADAS Á 39ª EDICIÓN DOS ANNIE, OS OSCAR DA ANIMACIÓN

9 / 12 / 2011

Arrugas e Chico & Rita atópanse entre as nomeadas á mellor película na 39ª edición dos Annie Awards, os Oscar da animación, que se outorgan ás mellores producións dese xénero realizadas tanto para cine como para televisión, videoxogos ou publicidade, así como aos profesionais que interviñeron nelas. Os galardóns entregaranse o 4 de febreiro en Los Angeles.

España vai contar con dúas opcións de premio na 39ª edición dos Annie Awards, os Oscar da animación, que concede a asociación ASIFA Hollywood, gracias a Arrugas, de Ignacio Ferreras, producida por Perro Verde Films e Cromosoma, e Chico & Rita, de Fernando Trueba, Javier Mariscal e Tono Errando, coproducida polas empresas españolas Fernando Trueba PC e Estudio Mariscal, e a británica Magic Light Pictures. Ambas cintas atópanse entre as dez que optarán ao premio á mellor película animada do ano, a máis importante das 28 de que constan nesta edición os premios Annie, xunto ás estadounidenses Las aventuras de Tintín, Arthur Christmas, Cars 2, Kung Fu Panda 2, El gato con botas, Rango e Rio, e á francesa A Cat in Paris. É a única nominación para ambos títulos, que tamén están entre os 18 aspirantes ás nominacións ao Oscar á mellor película do xénero.

Categoría: Novas
Etiquetas: