Máis de cincuenta alumnos/as comezan as sÚas clases neste fin de semana, nos distintos obradoiros audiovisuais organizados pola Asociación Verea no Concello de Vedra. Pola noite a partir das 21:30, na Casa dos Peóns de San Pedra de Vilanova haberá unha serie de proxecións e este ano como novidade, estáblecese o premio do público á mellor curtametraxe por ciclo.
Iniciación as curtametraxes, aos documentais, á dirección de fotografía, á edición de video e a Interpretación diante da cámara, estes son os obradoiros onde os alumno/as tentarán aprender o máximo posible sobre o apaixoante mundo do audiovisual. Todos estes obradoiros contan con un plantel de destacados profesionais, como son Alber Ponte, Maria Bouzas, Paco Rocha, Xosé Antón Moure ou Javier Rosende.
Pero “formAcción 09” é moito máis, xá pola noite a partir das 21:30, na Casa dos Peóns de San Pedra de Vilanova haberá unha seria de proxecións (consultar pdf) e este ano como importante novidade, estáblecese o premio do público á mellor curtametraxe por ciclo.Os ciclos son os seguintes:
-premio do público á mellor curta ex-alemnos/as de formAcción
– premio do público a mellor curta ciclo clásicos do audiovisual galego
-premio do público a mellor curta ciclo autores da comarca
-premio do público á mellor curta ciclo curtametraxes actuais
Os premios consistirán nun kit de supervivencia para sobrevivir no Val do Ulla, isto é: unha botella de caña branca, de herbas e de licor café.