Aprender a vender e negociar en Europa os proxectos audiovisuais, é o obxecto da celebración de EAVE

2 / 09 / 2005

Do 25 ó 30 de outubro –ámbalas inclusive, as produtoras galegas e españolas terán a oportunidade de participar activamente, nun ambiente profesional europeo man a man cos produtores, programadores e distribuidores máis salientables de Europa, pois é nestas datas cando se celebra a terceira sesión do prestixioso EAVE -Les Entrepreneurs de l´Audiovisual Européen- do Programa Media da Unión Europea, a chamada ‘sesión de pitching internacional’ de proxectos de cine, documental e TV, toda unha tenda de traballo (work shop) para os promotores dos proxectos seleccionados. Este programa, que chega a Galicia da man da Academia Galega do Audiovisual, está dirixido ás empresas produtoras, distribuidores e programadores do sector audiovisual co obxectivo de que aprendan a vender e negociar en Europa os proxectos audiovisuais que realizan. Aprender a vender e negociar en Europa os proxectos audiovisuais, é o obxecto da celebración de EAVE

O 15 DE SETEMBRO REMATA O PRAZO PARA QUE AS PRODUTORAS GALEGAS E ESPAÑOLAS PRESENTEN OS PROXECTOS AUDIOVISUAIS

A.G.A., venres 2 de setembro 2005.- Do 25 ó 30 de outubro –ámbalas inclusive, as produtoras galegas e españolas terán a oportunidade de participar activamente, nun ambiente profesional europeo man a man cos produtores, programadores e distribuidores máis salientables de Europa, pois é nestas datas cando se celebra a terceira sesión do prestixioso EAVE -Les Entrepreneurs de l´Audiovisual Européen- do Programa Media da Unión Europea, a chamada ‘sesión de pitching internacional’ de proxectos de cine, documental e TV, toda unha tenda de traballo (work shop) para os promotores dos proxectos seleccionados. Este programa, que chega a Galicia da man da Academia Galega do Audiovisual, está dirixido ás empresas produtoras, distribuidores e programadores do sector audiovisual co obxectivo de que aprendan a vender e negociar en Europa os proxectos audiovisuais que realizan.

EAVE é un ciclo formativo de un ano, composto por tres talleres asistenciais e unha titoría de longa distancia entre os diferentes talleres, ós que asistirán os 20 proxectos seleccionados (15 galegos e 5 do resto do estado) para participar na que será a derradeira sesión, que será realizada en Santiago de Compostela do 25 ó 30 de outubro, e que será a máis importante, xa que estarán presentes os decision makers invitados pola organización europea. Entre os makers –compradores- confirmados para asistir nesta terceira sesión de EAVE en Santiago, están: a Film Consortium do Reino Unido; New Cinema Fund, tamén do R.U.; a Film Fund Luxemburgo; Dor Film de Austria; Wallimage de Bélxica, ZDF de Alemania, e do mesmo país, First Hand Films, e por útlimo, Alliance Atlantis de Irlanda.

Son 48 produtores, programadores, distribuidores e commissing editors de gran relevancia en Europa, que veñen a Santiago para coñecer e avaliar os proxectos nos que os participantes estiveron traballando durante todo o ano. Entre os profesionais que teñen participado en anteriores programas están representantes de Canal+ de Francia, a BBC do Reino Unido ou a RAI Cinema de Italia.

A Academia convoca

Velaí a razón de que a Academia Galega do Audiovisual convoque ás empresas e profesionais tanto de Galicia coma do resto do estado español, para que antes do 15 de setembro envíen aqueles proxectos sobre os que desexen traballar e dos que se realizará a selección de 20, 15 de Produtoras galegas e 5 do resto das Comunidades Autónomas do estado. Estes 20 proxectos, serán os que participen na Sesión Preparatoria Eave que se realizará durante 3 días -28, 29 e 30 de setembro- e que se centrarán nas técnicas de Packlaging de Proxectos Europeos –elaboración do conxunto do produto que se quere levar a cabo: guión, selección de director e actores, valoración do proxecto e orzamento-, Pitching –cómo sensibilizar ó comprador potencial para que merque o produto- e Co-producción.

Cada ano, este Programa Eave Media da U.E., organiza un ciclo de formación de longo prazo, composto por tres talleres asistenciais e unha titoría a longa distancia entre os diferentes talleres. Os dous primeiros, tratan sobre o desenvolvemento e presentación de produtos, e o terceiro presenta ós participantes no mercado. Xa en outubro, do 25 ó 30 inclusive en Santiago de Compostela, terá lugar o terceiro encontro do EAVE Media, no que 48 produtores europeos e profesionais asociados procedentes de 17 países, participen nunha sesión de pitching, decisión makers, distribuidores e commissioning editors de tódolos países europeos que asisten, para interesarse pola coproducción, adquisición e distribución dos traballos expostos que foron seleccionados.

Nesta ocasión, EAVE ten unha característica especial por se celebrar en Galicia, e é que a Academia Galega do Audiovisual, solicitou, negociou e pactou coa organización do EAVE Media, a incorporación ó Programa de Actos deseñados especialmente para atender ás necesidades da producción galega.

Presentación de proxectos

O 15 de setembro é a data límite para o envío de Proxectos por parte das Produtoras. Será o día 20 cando se dean a coñecer os proxectos seleccionados, os que participarán os días 28, 29 e 30 no Eave Preparatorio, que terá lugar na Coruña. A documentación que se require para participar na selección de proxectos, é o C.V., o perfil da Compañía de Producción, unha sinopse e tratamento do Proxecto –dunha páxina e 15 páxinas máximo respectivamente-, o orzamento, o plan de financiamento, e o calendario da producción. Para participar na selección, a tarifa de inscrición ascende a 100 euros, e posteriormente, os 20 seleccionados deberán aboar a tarifa de 300 euros para participar nas sesións que terán lugar do 25 ó 30 de outubro en Compostela.

Os proxectos deberán enviarse á Academia Galega do Audiovisual, en Pintor Sotomaior s/n; 15001 A Coruña. Para recibir máis información, as empresas e profesionais interesados poden tamén recadala en info@academiagalegadoaudiovisual.gal ou no tlfn. 981 22 77 01.

Antecedentes

O EAVE foi creado en 1988 para produtores europeos, e conta con 48 participantes de países coma Reino Unido, Italia, Noruega, Francia… A primeira sesión celebrouse en Mondford, Luxemburgo, no mes de marzo; a segunda tivo lugar en Bergen, Noruega. Esta terceira sesión, coordinada por Enrique Nicanor González, recibe o apoio da Xunta de Galicia.

Ate o 2005, EAVE conta xa con 800 graduados. No pitching do ano pasado celebrado en Budapest, leváronse a cabo máis de 800 xuntanzas entre decisión, makers e participantes. No 1994, o coordinador internacional Enrique Nicanor González ocupaba o cargo de Xefe de Estudos de EAVE, e foi quen de organizar o EAVE Atlántico, entre Galicia, Gales, Bretaña e Portugal. A sesión en Galicia fora realizada na Coruña. Entre os 15 participantes de Galicia estaban daquela Manolo González –fundador da Escola de Imaxe e Son da Coruña, entre outras moitas responsabilidades e iniciativas que levou a cabo no sector audiovisual en Galicia-, Pepe Coira, Xosé Manuel Barreira e Pancho Casal. Daquela iniciativa, xurdiu a idea de organizarse no sector, que desembocou na creación da Asociación de Produtoras Independentes de Galicia, AGAPI.

Posteriormente, leváronse a cabo outras dúas edicións de EAVE en España, que tiveron lugar en Madrid e en Sevilla.

Categoría: Novas
Etiquetas: