ANTONIO MOURELOS REELIXIDO PRESIDENTE DA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL

28 / 06 / 2013

Onte, xoves 27 de xuño, tivo lugar na Sede da Fundación Autor-SGAE en Compostela a Asemblea Ordinaria e Electoral da Academia Galega do Audiovisual. Nesta xuntanza a única candidatura presentada, encabezada polo actor e dobrador Antonio Mourelos, saíu elixida por aclamación.

Xunto con Mourelos repiten no equipo directivo o xornalista Xaime Arias, o director Jorge Coira, o guionista Daniel D. García, as produtoras Sara Horta e Emma Lustres, o decano da Facultade de Ciencias da Información da USC Xosé Pereira e o actor Luís Tosar. A estes nomes súmanselle o do director de ficción David Martínez, e a guionista, produtora e xornalista María Yáñez. Esta xunta rexerá a vida da Academia nos vindeiros dous anos.

O reelixido Presidente da Academia afirmou que se continuará a traballar na liña comezada hai dous anos na súa lexislatura e que seguirán esforzándose tanto pola Academia como polo sector en xeral.

Categoría: Novas
Etiquetas: