ANTON REIXA ELEXIDO PRESIDENTE DO CLAG PARA UN SEGUNDO MANDATO

13 / 11 / 2008

A asamblea extraordinaria do Clúster Audiovisual Galego, CLAG, celebrada el martes en Santiago, elexíu como presidente a Antón Reixa para un segundo mandato de tres anos, e aprobou a incorporación de TVG, Ficción Producciones e Arantia ao Comité Estratéxico do CLAG. Reixa asumíu por primeira vez a súa responsabilidade ao frente do CLAG en novembro de 2005, desenvolvendo durante este periodo unha xestión presidida fundamentalmente polos criterios de dinamización, promoción e apoio á internacionalización do sector.

A traxectoria do CLAG no trienio 2005-2008 caracterizouse por un marcado incremento do asociacionismo e unha cada vez maior internacionalización. O número de empresas asociadas neste tempo medrou máis dun 50%, pasando de 32 ás 50 compañías que hoxe integran o CLAG, procedentes de todos os segmentos de actividade da cadena de valor do sector audiovisual. Entre os proxectos máis relevantes postos en marcha baixo a presidencia de Anton Reixa no seu primeiro mandato destacan a creación e próximo lanzamento da marca ‘Galicia Audiovisual’; a creación da Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega i+dea; a organización do Foro Internacional do Videoxogo –FIV- e do Foro da Industria de Animación –FIA-; a consolidación do Pitching I+P ‘Ideas para producir’; a exportación do modelo organizativo do CLAG a outras comunidades autónomas; a oferta dun sólido Plan de Formación para asegurar a mellor capacitación dos recursos humanos do sector; así como destacadas iniciativas no ámbito da Responsabilidade Social Corporativa, RSC.

O desenvolvemento do proxecto da marca comezou en xaneiro de 2006, cun activo papel do CLAG como axente dinamizador da iniciativa, considerando que será unha ferramenta estratéxica para a competitividade e a promoción internacional do audiovisual galego e que a marca ‘Galicia Audiovisual’ operará como potente motor para a súa consolidación e o seu acceso a novos mercados internacionais. A presenza das empresas do CLAG nas principais citas sectoriais internacionais tamén é unha constante nestes últimos anos, nos que o Clúster estivo presente, entre outros, no Cartoon Movie, de Postdam; no IBC de Amsterdam ou no MIPCOM, de Cannes.

A Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega, i+dea, liderada polo CLAG e financiada pola Consellería de Innovación e Industria, ten como obxectivo facilitar o intercambio de coñecementos entre empresas e asociacións empresariais, centros tecnolóxicos, organismos institucionais e grupos de investigación universitarios, así como mobilizar unha masa crítica de investigación, desenvolvemento e innovación que potencie grandes proxectos cooperativos e que supoñan avances tecnolóxicos no audiovisual galego. Precisamente, para estreitar vinculos coas restantes plataformas afíns no ámbito nacional e comunitario, o vindeiro día 13 o CLAG participará en Madrid na Asamblea Xeral da Plataforma Tecnolóxica Española de Tecnoloxías Audiovisuais en Rede, e-NEM, e o 24 deste mes en Lyon na reunión da Plataforma Europea, NEM.

No curto prazo, destaca tamén a participación do CLAG na segunda edición de Culturgal, do 4 ao 7 de decembro, en Coruña, onde ofrecerá un obradoiro de dobraxe e sesións demostrativas de imaxe virtual e animación en plastilina.

Maior promoción internacional

Os principais proxectos para 2009 obedecen á estratexia duna maior presenza nos mercados e feiras internacionais, considerados polo CLAG como unha plataforma idónea para a promoción da marca ‘Galicia Audiovisual’. Na axenda do CLAG para o vindeiro ano figuran destinos como Berlín, onde asistirá ao European Film Market no mes de febreiro; ou Cannes, onde haberá unha doble cita no MIP TV en abril, e no MIPCOM, en outubro. O CLAG tamén estará presente no Movilforum de Barcelona e no Broadcast de Madrid, onde por primeira vez forma parte como membro do comité organizador.

Categoría: Novas
Etiquetas: