O Festival Internacional de Documentais de Tui, que se celebra do 17 ao 21 de marzo, abre a súa programación coa inauguración das exposicións dos artistas Antón Lamazares e Manolo Paz. Será a partir das 20 horas. Os autores presentarán as mostras antes de pasar á sala para a proxección do filme Horizonte sen dono, de Nayra e Javier Sanz Fuentes. Este é unha reflexión sobre a arte na que Lamazares xoga un importante papel.
O pintor prepara unha retrospectiva para Budapest, algo que documenta a cinta. Sete das obras que aparecen na película estarán en Tui, algunhas inéditas. Pola súa banda, Manolo Paz trae un conxunto de tres pezas de grande formato que se poden ver xa no exterior do Teatro Municipal da cidade. Estas obras renden homenaxe ao seu Cambados natal e reclaman a relación perdida do home coa terra.
Importante apoio institucional
Todas estas actividades foron ben acollidas tanto pola alcaldía de Tui como pola Consellería de Cultura e a Secretaría Xeral de Medios. Agadic axuda ao festival co proxecto Foro Creativa, que une cineastas do norte de Portugal e Galicia, mentres que o goberno local vén apostando polo evento dende a súa creación hai xa seis anos.
Por esta razón, Roberto Varela, conselleiro de Cultura, estará presente na inauguración do festival. Acompáñano Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios, e Juan Carlos Fasero, director de Agadic. Tamén o farán Moisés Rodríguez, concelleiro de Cultura de Tui, e o seu alcalde, Antonio Rodríguez Rocha.
Eventos son no Teatro Municipal de Tui
Mércores 17 de marzo. Ás 20 horas:
Inauguración do festival. Antón Lamazares e Manolo Paz presentan as súas exposicións. Pásase a cinta Horizonte sen dono.
Presentes:
Antón Lamazares, pintor
Manolo Paz, escultor
Roberto Varela, conselleiro de Cultura
Alfonso Cabaleiro, director xeral de medios
Juan Carlos Fasero, director de Agadic
Antonio Fernández Rocha, alcalde de Tui
Moisés Rodríguez, concelleiro de Cultura de Tui
Xoves 18 de marzo. Ás 12 horas:
Presentación de Foro Creativa e do obradoiro Retrato-Memoria. Presentación de curtametraxes.
Presentes:
María Paredes Rodríguez, coordinadora actividades externas de Agadic
Marta Andreu, coordinadora do obradoiro Retrato-Memoria
Akosua Adoma Owusu, directora de O meu bebé branco
Miro Remo, director de Patas para arriba
Venres 19 de marzo. Ás 12 horas:
Retrospectiva de Jay Rosenblatt. Presentación de Sweetgrass.
Presentes:
Jay Rosenblatt, director invitado a Play-Doc con retrospectiva
Ilisa Barbash, co-realizadora de Sweetgrass
Sábado 20 de marzo. Ás 12 horas:
Presentación de La Blogothèque e o concerto de The Spinto Band. Presentacións de filmes da sección oficial.
Presentes:
Chrystophe Abric, fundador de La Blogothèque
Membros do grupo pop The Spinto Band
Boris Mitic, realizador de Adeus, como estás?
Marina Lutz, autora de Marina e o experimento
Máis información na páxina web do festival www.play-doc.com