AMPLIADO O PRAZO DE ENVÍO DE PROXECTOS PARA EAVE

8 / 09 / 2005

Ante as múltiples solicitudes de información recibidas por parte dos moitos interesados en participar na convocatoria do Programa EAVE, a Academia Galega do Audiovisual ampliou o prazo de presentación de proxectos ó EAVE -Les Entrepreneurs de l´Audiovisual Européen- do Programa Media da U.E. ata o vindeiro día 21 de setembro. Este importante evento do audiovisual no ámbito europeo, celebrarase en Santiado do 25 ó 30 de outubro. Os interesados deberán enviar os documentos necesarios a: Academia Galega do Audiovisual, Praza Pintor Sotomayor, s/n, 2º Piso, 15001, A Coruña.
A documentación requirida podédela atopar en: Actividades>EAVE>Documentos.
Aprender a vender e negociar en Europa os proxectos audiovisuais, é o obxecto da celebración de EAVE

O PRAZO PARA QUE AS PRODUTORAS GALEGAS E ESPAÑOLAS PRESENTEN OS PROXECTOS AUDIOVISUAIS, AMPLIADO ATA O DÍA 21

A.G.A., venres 9 de setembro 2005.- A Academia Galega do Audiovisual ampliou o prazo de presentación de proxectos ó EAVE -Les Entrepreneurs de l´Audiovisual Européen- do Programa Media da U.E. ata o vindeiro día 21 de setembro. Este importante evento do audiovisual de ámbito europeo, celebrarase en Santiado do 25 ó 30 de outubro –ámbalas inclusive-, tempo no que as produtoras galegas e españolas terán a oportunidade de participar activamente, nun ambiente profesional europeo man a man cos produtores, programadores e distribuidores máis salientables de Europa. Os proxectos a presentar serán para participar na ‘sesión de pitching internacional’ de proxectos de cine, documental e TV, toda unha tenda de traballo (work shop) para os promotores dos proxectos seleccionados. Este programa, que chega a Galicia da man da Academia Galega do Audiovisual, está dirixido ás empresas produtoras, distribuidores e programadores do sector audiovisual co obxectivo de que aprendan a vender e negociar en Europa os proxectos audiovisuais que realizan.

A Academia convoca

Academia Galega do Audiovisual convoqua ás empresas e profesionais tanto de Galicia coma do resto do estado español, para que antes do 21 de setembro envíen aqueles proxectos sobre os que desexen traballar e dos que se realizará a selección de 20, 15 de Produtoras galegas e 5 do resto das Comunidades Autónomas do estado. Estes 20 proxectos, serán os que participen na Sesión Preparatoria Eave que se realizará durante 3 días -28, 29 e 30 de setembro- e que se centrarán nas técnicas de Packlaging de Proxectos Europeos –elaboración do conxunto do produto que se quere levar a cabo: guión, selección de director e actores, valoración do proxecto e orzamento-, Pitching –cómo sensibilizar ó comprador potencial para que merque o produto- e Co-producción.

Os proxectos deberán enviarse á Academia Galega do Audiovisual, en Pintor Sotomaior s/n; 15001 A Coruña. Para recibir máis información, as empresas e profesionais interesados poden tamén recadala en info@academiagalegadoaudiovisual.gal ou no tlfn. 981 22 77 01.

Carmen Carballo (639 890968)
ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL

Categoría: Novas
Etiquetas: