AMAL EXHIBIRÁ 33 PRODUCIÓNS EUROÁRABES NA SÚA IX EDICIÓN

29 / 08 / 2011

Un total de 33 películas serán as que formen parte del programa de la IX edición del Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal, que volve a celebrarse en Compostela entre o 24 e o 29 de outubro de 2011. 

Son 33 películas as que compoñen o programa, entre longas e curtas. Dúas de elas son curtametraxes destinadas a un público infantil e que poderán ver os máis pequenos dentro do Ciclo de Cine Infantil. Oito destas producións exhibiranse de forma continuada en varias cidades galegas dentro do Ciclo de Cine Experimental, grazas á colaboración de museos e centros de arte contemporáneo de A Coruña (MACUF), Lugo (Museo de Lugo), Ourense (Centro Cultural Deputación de Ourense), Vigo (MARCO) e Santiago de Compostela (CGAC).

Desde a organización do Festival valoraron moi positivamente o gran número de obras presentadas este ano ao Festival. Foron cerca de 600 as películas candidatas a formar parte de Amal, todas elas de gran calidade e diversidade temática.

O equipo de Amal resaltou o gran traballo levado a cabo durante o proceso de selección, así como a alta participación rexistrada e a indiscutible calidade dos traballos. Para elaborar dita selección, o Festival contou cun equipo de selección así como coa colaboración de tres xoves estudiantes da Universidad de Santiago de Compostela, todos eles amantes do audiovisual que compaxinan os seus estudios de Periodismo ou Comunicación Audiovisual coa produción de curtametraxes, videoclips ou a súa participación en festivais de cine.

Cabe destacar, dentro da programación deste ano, a importante presenza de coproduccións Euroárabes. Tamén destacan as obras procedentes de Palestina,  Arxelia e Marrocos. Francia encabeza a participación dentro dos países non árabes.

As obras seleccionadas serán proxectadas nas sedes do Festival durante a semana oficial do mesmo, entre o 24 e o 29 de outubro. Ademais, algunhas produccións estarán dispoñibles para o seu visionado na páxina web dende o primeiro día do Festival (www.festivalamal.es)

 

Concurso de Carteis

Ademais da programación, Amal aproveita esta oportunidade para presentar o Cartel Oficial seleccionado para a novena edición do Festival. Dito cartel, a imaxe do Festival este ano, elixiuse entre centos de propostas presentadas ao Concurso de Carteis 2001. Unha actividade que serviu para estimular a creatividade dos artistas participantes e para fomentar a difusión do certame cinematográfico que terá lugar en Santiago de Compostela. No Concurso de Carteis participaron toda clase de persoas físicas e xurídicas, tanto en grupo como de forma individual, sendo os únicos requisitos o feito de que os Carteis tiñan que facer referencia ao cine e á cultura árabe, ademais de que foran traballos orixinais e inéditos. Para fomentar a participación, o gañador recibiu un premio en metálico de 1.200 euros.

A gañadora do concurso de Carteis convocado polo Festival Amal 2011 foi una xoven deseñadora exipcia, Reem Naeim. O seu cartel “Arab Revolt” representará polo tanto a novena edición do Festival Amal 2011.

Categoría: Novas
Etiquetas: