Os alumnos do Máster de Produción e Xestión Audiovisual da Coruña presentaron os proxectos, que fixeron ao longo do curso, ante profesionais do sector audiovisual. Durante a xornada de exposición do proxecto utilizaron a técnica de “pitching” ante un grupo de expertos composto por Susana Maceiras (Adivina Producciones), Teresa Fernández Valdés (Bambú Producciones), Enma Lustres (Vaca Films), Jesús Iglesias (TVG), Pancho Casal (Continental Producciones), Xosé Zapata (IB Cinema) e Alberto Neira (Bren Entertainment). Ao longo do Máster os alumnos de MPXA desenvolven un proxecto individual, asesorados por titores, e deben facer unha defensa dos mesmos en dúas ocasións, ante diferentes profesionais destacados do sector audiovisual.