ALSO SISTERS TERMINA A SÚA RODAXE NA CORUÑA

19 / 08 / 2013

Sonia e Miriam Albert Sobrino, máis coñecidas como as Also Sisters, son dúas irmás galegas que están durante estes días vendo como o seu soño faise realidade: están rodando a súa primeira longametraxe. Uns 85 minutos de metraxe que se estreará en Estados Unidos.

A película estase rodando estes días en Galicia en diferentes localizacións: desde os  municipios valdeorreses de Ou Bolo, Petín, A Rúa e Ou Barco ata a outra punta de Galicia, na cidade herculina.

Estas irmás comezaron a posta en escena da súa filme o pasado 20 de xullo e o pasado 2 de agosto tiveron a oportunidade de mostrar parte do seu traballo dentro da programación do Festival das Artes Escénicas de Riós, baixo a atenta mirada de todos os asistentes. Nestes momentos, xa ven máis próximo o comezar a traballar coa montaxe da obra.

Tras realizar obras como Ignoto, As vacacións do verdugo ou Rural pretérito, estas irmás embárcanse nesta aventura co apoio da Universidade de Utah, baixo a produción executiva de Claqueta Coqueta, productora galega dirixida por Rubén Riós e coa axuda dos concellos de Ou Barco, Petín e A Rúa ademais da bodega con Denominación de Orixe Valdeorras A Coroa.

Categoría: Novas
Etiquetas: