AGAPI ACHEGARÁ AS TÉCNICAS DE SONORIZACIÓN DE CINE A CULTUR.GAL 08

4 / 12 / 2008

AGAPI organiza hoxe e mañá, 4 e 5 de decembro, de 18.00 a 19.30 horas na Feira Galega das Industrias Culturais Cultur.gal que ten lugar en Palexco (A Coruña), un obradoiro no que o público poderá participar no proceso de sonorización dunha película.
Diego Staub, técnico de Cinemar, o único estudio de son de Galicia certificado por Dolby Digital, ensinará os segredos do son dunha película: dende a gravación de son directo ata a súa postprodución. Os asistentes poderán aprender a importancia do deseño sonoro, a montaxe de son, os efectos sala e a mestura de son (Estéreo, Surround, Dolby Dixital, Dolby EX, Dolby SR, DTS, etc.)

Os visitantes de Cultur.gal tamén poderán ver en directo, da man dun dos mellores técnicos do país, como se introduce a música nunha película, o son ambiente, os diálogos e os efectos sala. Tanto os estudantes como os amantes do cine poderán sacar proveito desta apaixoante actividade que os achegará aos segredos das salas de son.

AGAPI, asociación pioneira do sector audiovisual galego e membro do Consello Asesor de Cultur.gal, contará cun stand nesta feira no que amosará os diferentes produtos audiovisuais dos seus asociados e dará a coñecer as principais actividades da Asociación a prol da produción independente.

Máis información na web de AGAPI, no teléfono 981 577 747 e no e-mail: administracion@agapi.org

Categoría: Novas
Etiquetas: