A Academia Galega do Audiovisual dará a coñecer o martes 7 de febreiro, na Fundación SGAE de Santiago, os nomes das obras e candidatos finalistas aos premios Mestre Mateo, que este ano cumpren a súa décimoquinta edición. Os encargados de facer públicos os nomeados deste ano serán os actores Susana Dans e Federico Pérez
Trala primeira rolda de votacións, que rematou hoxe, os membros da AGA escolleron catro finalistas en cada unha das 25 categorías. Unha vez coñecidos os nomeados en cada categoría, os socios da AGA escollerán de novo para elixir aos galardoados en cada unha delas
O resultado desa votación coñecerase na gala dos Mestre Mateo que este ano se celebrará no Palexco da Coruña o día 4 de marzo.
A listaxe de candidaturas desta décimoquinta edición dos premios estaba formado por 176 obras (5 longametraxes, 25 documentais, 10 series de televisión, 9 series web, 32 programas de televisión, 31 curtametraxes de imaxe real, 8 curtas de animación, 20 anuncios publicitarios e 36 videoclips), 171 produtoras e 498 profesionais, o que supón un incremento en relación ás edicións anteriores.