ACTIVIDADES DE MARZO NA ESCOLA DE IMAXE E SON DA CORUÑA

3 / 03 / 2008

Mañá martes 4 de Marzo, o fotógrafo coruñés Jorge Barreiro manterá unha charla cos alumnos de Imaxe da Escola de Imaxe e Son de Coruña sobre aspectos da súa dilatada experiencia profesional na fotografía: As vivencias persoais como creador, o traballo de Foto-fixa e de reprodución de obras de arte, e o momento actual da profesión. O acto comezará as 16:30 horas nas instalacións da escola. A entrada é libre.
Outras actividades organizadas pola escola:

Esquecemento, mostra fotográfica de Alejandro Varela

Esquecemento é unha colección de imaxes de casas e edificios abandonados, recollidas polo fotógrafo coruñés Alejandro Varela. Organizada polo alumno de 2º de Produción Luís Otero Pedreira (620924141), inaugúrase na Aula de Natureza do Xardín Botánico “Ría do Burgo” ás 20,00 horas de mañá martes 4 e soamente estará aberta ata o xoves 6.

Estrea de Manicómicos

A quinta edición do festival internacional de teatro Manicómicos estrearáse o venres día 7 de marzo na EIS. Ás 12,00, e con entrada libre, a compañía Almacabra Teatro-Circo presentará o seu traballo Poni, na contan a historia dunha familia decadente a traveso dunha nena de oito anos. Ata o 16 de marzo, diversas agrupacións teatrais realizarán “acontecementos cómicos” tanto nas principais vías comerciais da cidade como no transporte público.

Maratón de Monólogos

O venres día 14 de marzo terá lugar no bar La Oficina (Panaderas, 27) unha sesión de monólogos de hora e media. Javier Milán, Víctor Grande e Rafael Corral, monologuistas de ampla traxectoria na Coruña e noutras cidades, iranse sucedendo neste escenario habitual deste tipo de espectáculos. O son da sesión gravarase para realizar un CD que se reproducirá periodicamente no local.

O acto está organizado pola alumna de Produción Audiovisual Verónica Saavedra Rubio (699116088).

Categoría: Novas
Etiquetas: