O Máster en Produción e Xestión Audiovisual (MPXA), título propio da Universidade da Coruña que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, iniciou o proceso de selección de alumnos para o curso 2012-2013.
O MPXA, que desde 1999 forma a futuros profesionais da produción executiva nas distintas áreas do sector audiovisual, está dirixido a licenciados e/ou diplomados interesados no proceso da produción audiovisual (cine, televisión, animación e novos media), no que deben xestionar talento e empresa: recoñecer a creatividade para transformala nun produto.
Cada promoción fórmana un máximo de 16 alumnos e no proceso de selección valórase o expediente académico, a experiencia no sector e o resultado dunha entrevista persoal. A procedencia dos candidatos é moi variada e non todos chegan desde as facultades de Ciencias da Información e de Comunicación, senón que tamén hai aspirantes con titulacións máis técnicas, como enxeñerías. O sector audiovisual comprende moitas facetas, non só as creativas, por iso o mercado reclama e integra a moitos profesionais que realizan o MPXA tras licenciarse en Dereito, Económicas ou Empresariais.
O máster comeza en outubro e se desenvolve ao longo dun curso académico completo. Nas súas aulas imparten clase máis de medio centenar de profesionais en activo do sector, procedentes de produtoras audiovisuais tanto autonómicas como nacionais. As horas teóricas compleméntanse con prácticas remuneradas en máis dunha trintena de empresas, que van desde produtoras e televisións ata organizacións de profesionais do sector. 194 alumnos pasaron polo MPXA durante os seus trece anos de vida, e un 90% deles atoparon traballo en empresas dunha actividade moi diversificada con grandes perspectivas de futuro.
Para cursar estes estudios a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre conta cun programa de bolsas. Ademais, existen outras axudas financiadas polo Concello de A Coruña.
Os interesados en recibir máis información poden poñerse en contacto co Máster a través do teléfono 981 180 090 ou na dirección de correo: mpxa@udc.es.