A mostra de dramaturxia contemporánea deste ano celebrarase nun total de once cidades españolas. Este proxecto, que organiza a Fundación SGAE dende 1995, ten a singularidade de reunir autores, intérpretes, directores, produtores e público, na gran maioría das propostas, arredor dunha experiencia única: a estrea dunha obra nunca antes representada.
Con entrada libre ata completar capacidade, o XVIII Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas, que inclúe un total de 20 representacións para o conxunto do Estado, ofrecerá en Galicia dramatizacións das obras Textículos dramáticos e posdramáticos (de Afonso Becerra de Becerreá), no Forum Metropolitano de A Coruña o 25 de Novembro, A biblia dos ratos (idea orixinal de Tonho Salgado con dramaturxia de Julián Rodríguez Novo), na ESAD de Galicia, en Vigo o 2 de Decembro, e Bangkok (Premio SGAE de Teatro Jardiel Poncela 2013, de Antonio Morcillo) na sede da Fundación SGAE en Santiago o 4 de decembro.
Avaladas por directores de prestixio, as lecturas contarán coa participación de 12 actores e actrices escollidos entre os asociados da AAAG que ofrecéronse a participar nesta actividade.
O calendario e elencos é o seguinte:
· Textículos dramáticos e posdramáticos, de Afonso Becerra de Becerreá
A Coruña. Fórum Metropolitano.
Martes, 25 de novembro, 19:00 h.
Entrada gratuíta
Dirección: Matilde Blanco
Intérpretes: Diego Freire, Victoria Pérez, Carlos Sante, Estíbaliz Veiga.
· A biblia dos ratos, dramaturxia de Julián Rodríguez Novo sobre idea de Tonho Salgado
Vigo. ESAD.
Martes, 2 de decembro, 19:00 h.
Entrada gratuíta
Dirección: Julián Rodríguez Novo
Intérpretes: Maika Aguado, Mighello Blanco, Miguel Borines, Anxo Meis, Vicente Mohedano.
· Bangkok, de Antonio Morcillo (XXII Premio SGAE de Teatro JardielPoncela 2013)
Santiago de Compostela. Sede Fundación SGAE.
Xoves, 4 de decembro, 20:30 h.
Entrada gratuíta
Dirección: Roberto Leal
Intérpretes: Ernesto Chao, Jorge Casas, Pepo Suevos