A TVG ANUNCIA O REFORZO DA PROGRAMACIÓN INFANTIL EN GALEGO PARA 2011

14 / 10 / 2010

Alfonso Sánchez Izquierdo, director xeral da CRTVG, declaro una súa última comparecencia parlamentaria que, a pesar da restricción e austeridade que impón a actual situación económica, nos presupostos de 2011 farase un esforzo adicional especial para reforza-la programación adicada aos máis pequenos.

O director xeral mostrou a súa preocupación pola situación do galego entre os nenos despois do apagón analógico, cando os nenos pasaron a recibir unha gran cantidade de espacios en castelán específicamente adicados a eles, a través de quince canles. 

A CRTVG comezou conversas coa Consellería de Educación da Xunta e a Secretaría Xeral de Política Lingüística para obter recursos complementarios de cara a 2011 e así mellora-la presenza da programación infantil e proteger e defende-la lengua galega.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: