O Ciclo Mestre Mateo regresa ás comunidades galegas do exterior coas proxeccións das longametraxes de animación, ficción e documentais finalistas dos premios do noso audiovisual, segundo foi anunciado hoxe nunha rolda de prensa celebrada no I.E.S. Audiovisual de Vigo. Nela estiveron presentes o Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra e Miguel Anxo Fernández, director do I.E.S. Audiovisual de Vigo. Saber máis.