A PROVINCIA DE OURENSE CENTRA A XORNADA DE PROXECCIÓNS DA SEMANA DO AUDIOVISUAL GALEGO O MÉRCORES DÍA 2, PROMOVIDA POLA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL

30 / 04 / 2007

A xornada comenzará xa ás 10:00 da mañá no I.E.S Cosme López Rodríguez da Rúa, coa proxección da película de tv A Biblioteca da Iguana e a produción publicitaria Hesperia Gran Hotel La Toja. Posteriormente ás 12:30 horas , levaránse a cabo sendas proxeccións no I.E.S Lauro Olmo do Barco e no I.E.S Allariz de Allariz. No primeiro poderemos ver o documental 2050 e curtametraxe de ficción S.O.S, mentres que no segundo, proxectarase o documental Labregos do Mar e a curtametraxe de ficción Bechos Raros.
A PROVINCIA DE OURENSE CENTRA A XORNADA DE PROXECCIÓNS DA SEMANA DO AUDIOVISUAL GALEGO O MÉRCORES DÍA 2, PROMOVIDA POLA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL

Parellamente, proxectaranse tamén os traballos dos Premios Mestre Mateo noutras vilas e cidades galegas

Continúa a Semana do Audiovisual galego promovida pola Academia Galega do Audiovisual nas cidades e principais vilas galegas. O mércores día 2, no tocante ós espazos hosteleiros e institutos de secundaria a actividade centrarase principalmente na provincia de Ourense.

A xornada comenzará xa ás 10:00 da mañá no I.E.S Cosme López Rodríguez da Rúa, coa proxección da película de tv A Biblioteca da Iguana e a produción publicitaria Hesperia Gran Hotel La Toja. Posteriormente ás 12:30 horas , levaránse a cabo sendas proxeccións no I.E.S Lauro Olmo do Barco e no I.E.S Allariz de Allariz. No primeiro poderemos ver o documental 2050 e curtametraxe de ficción S.O.S, mentres que no segundo, proxectarase o documental Labregos do Mar e a curtametraxe de ficción Bechos Raros.

Por outra banda, e dentro do ciclo de proxeccións levadas a cabo nas sés permanentes FUNDACIÓN CAIXA GALICIA, poderanse ollar varias pezas nomeadas en A Coruña, Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago.

En Vigo, proxectarase a longametraxe De Bares, polo cal acudirá como representante Dani Froiz, e a curtametraxe de animación O Ladrón de Bonecas.

En Pontevedra poderemos ver o documental Lume e Fume , que terá como representante a Pepe Coira, e a curtametraxe de ficción Cicatrices.

Pola súa banda en Santiago de Compostela, proxectarase o documental 2050 , polo cal contaremos coa presenza de Alfredo Alemparte, e a curtametraxe de ficción S.O.S pola cal acudirá Antonio Mourelos.

Na Coruña, pasarase a longametraxe De Bares e a curtametraxe de animación O Ladrón de Bonecas, contando con Fernando Cortizo como representante desta última.

Finalmente en Ourense, poderemos deleitarnos con La Atlántida, unha película de tv, e a produción publicitaria un camiño de estrelas , unha cidade de cine Todos os pases serán as 20: 00 horas.

Finalmente e para os máis noctámbulos, no Roi Xordo de Allariz se porá broche final a esta xornada coa proxección das curtas, tanto de animación como de ficción, que están nomeadas este ano; ofrecéndonos o mesmo tempo a todos nós unha alternativa de lecer. Será ás 22:00 horas.

A Academia Galega do Audiovisual adica toda esta semana a promover os Premios Mestre Mateo 06 exhibindo 24 producións e varias montaxes de programas de tv nas principias cidades e vilas galegas. Longametraxes, curtas de ficción e animación, series e programas de TV, documentais e producións de publicidade, percorrerán simultaneamente as cidades de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, e as vilas pontevedresas de A Guarda, Lalín, O Grove, Tui, Vila de Cruces, Vilanova de Arousa e Vilaxoán de Arousa; as ourensáns de Allariz, A Rúa, o Barco de Valedoras e Xinzo de Limia; as coruñesas de As Pontes de García Rodríguez e Culleredo; e as luguesas de Burela, Ribadeo, A Pontenova e Monforte de Lemos.

Con este circuíto- coordinado pola distribuidora Mr. Misto Films- a A.G.A proxectará parte das producións audiovisuais que optan ós Premios Mestre Mateo deste ano. Calcúlase que máis de 5000 persoas terán acceso durante máis de 100 horas de proxección audiovisual a coñecer parte daqueles traballos finalistas para os Premios, que se entregarán na Gala que terá lugar no Colón Caixa Galicia da Coruña o 9 de maio.

Esta Semana do Audiovisual Galego permitirá dar a coñecer ós produtores, directores, técnicos, actores e demais profesionais implicados na produción audiovisual, entre a sociedade galega, ademais de apostar por novos espazos de difusión audiovisual como son –nas vilas- os establecementos hostaleiros, centros de ensino e outros centros de promoción cultural.

Etiquetas: