Será o vindeiro martes, despois do mediodía, Mercedes Castro e Ricardo de Barreiro, darán a coñecer, un por un, os nomes de todos os finalistas dos premios Mestre Mateo na súa edición de 2015. Como sucedeu o pasado ano, será no auditorio de Abanca na rúa do Preguntoiro, en Santiago. Ata ese día, 111 obras conformaron o listado completo entre o que os integrantes da Academia Galega do Audiovisual puideron escoller as súas favoritas. Neste ano o proceso completouse por primeira vez vía web. Unha vez que se coñezan os finalistas comezará a rolda definitiva para escoller aos gañadores en cada unha das categorías dos premios do audiovisual galego.
Acto de anuncio dos finalistas dos MM15
Lugar: auditorio Abanca, Rúa Preguntoiro, 23 – Santiago
Día: Martes, 10 de marzo
Hora: 12.30