`A NENA QUE TIÑA UNHA SOA ORELLA´ GAÑA O PREMIO Á MELLOR VIDEOCREACIÓN 2009 NA MOSTRA INTERNACIONAL DE VIDEOCREACIÓN DE O CONDADO MIVICO’09

6 / 10 / 2009

Apenas dúas semanas transcorreron do estreo desta curtametraxe  o pasado 19 de setembro no Teatro Jofre de Ferrol e acaba de alzarse co máximo galardón dun dos certames de referencia da videocreación e das últimas tendencias audiovisuais que se celebran en Galicia.

A súa vez, este traballo producido por Rubén Coca e dirixido por Alvaro León, competirá na sección oficial a concurso do V Festival Internacional Curtocircuito’09 de Santiago de Compostela que comeza o vindeiro  fin de semana e poderá verse dentro dea programación do Festival de Cine Internacional de Ourense, na sección Panorama Galicia. `A nena que tiña unha soa orella´ é unha curtametraxe de animación que está inspirada no relato da escritora Lucía Etxebarría “La fanstástica niña pequeña y la cigueña pedigueña” e nas ilustracións que para el realizou o tamén galego Víctor Coyote, producida por Rubén Coca e dirixida por Álvaro León e realizada coa colaboración da Xunta de Galicia e os Concellos de Ferrol e Narón.  

Ver trailer:http://www.rubencoca.com

“A nena que tiña unha soa orella” ven de ser seleccionada no X Festival Internacional de Cine Animadrid’09, no XVIII Festival de Cine de Madrid-PNR e no Festival Internacional Curtocircuito’09 de Santiago de Compostela.

“A nena que tiña unha soa orella” é unha historia para todos os públicos, que invita aos espectadores aceptar de maneira natural as diferencias, cunha linguaxe que mestura diversas técnicas de animación, desde a máis tradicional empregando marionetas, collages, sombras chinesas e stop motion ata técnicas de 3d e animación CGI. Propón unha divertida reflexión sobre a tolerancia e o respeto aos demáis a través da historia de Allegra, unha nena de cinco anos que asiste a un colexio onde todos os rapaces son diferentes.

A selección en Animadrid súmase a unha semana de boas noticias para o director e productor ferrolano, xa que tanto “A nena que tiña una soa orella” como as súas últimas producións como director “Mínimo Común Múltiplo” e “La princesa Alegría” foron seleccionadas para competir en diversos festivais..

Así “La princesa Alegría”, recentemente galardoada co Premio Mestre Mateo 2008 á Mellor Curtametraxe de Ficción pola Academia Galega do Audiovisual, poderá verse en setembro no Festival de Cine de Madrid-PNR (compartindo cartel e participando na competición xunto aos seus outros traballos “Mínimo Común Multiplo” e “A nena que tiña una soa orella”) e no XIV Certamen de Creación Audiovisual de Cabra (Córdoba), Ottawa (Canadá), Portobello Film Festival (London-UK) e no Festival de Cine de Bogotá.

Etiquetas: