A Gala dos Mestre Mateo rendirá homenaxe aos musicais no cine

25 / 02 / 2017

Familia Nominados

Os musicais no cine semella que están de moda. Así que a reivindicación dese xénero será o eixo en torno ao que xire a Gala dos Premios Mestre Mateo 2017 que terá lugar no Palexco da Coruña o sábado 4 de marzo.

Según se anunciou hoxe no tradicional encontro de nomeados, a gala estará presentada pola actriz Iolanda Muíños e terá a dirección do actor Manolo Cortés. Contará ademais coa participación das actrices da compañía A Panadaría e cunha banda de músicos en directo dirixida por Ramón Orencio.

A gala comezará cun vídeoclip que convertirá en musicais as catro películas nomeadas á mellor longametraxe para a partir daí, e sempre en clave de comedia, ir engarzando a entrega dos diferentes premios con varios monólogos e tres números musicais.

No transcurso da Gala faráselle entrega do premio de honra “Fernando Rey” á directora de arte Marta Villar

Categoría: Novas
Etiquetas: