A exposición dos espazos imposibles do novo artista palestino Jad Salman, inaugurada o pasado 13 de xaneiro na Galería Fundación Araguaney, pechará as súas portas a o vindeiro sábado 12 de febreiro. Tras percorrer galerías Palestina, Francia e Noruega Europa, EEUU, Dubai e Xapón a obra de Salman chega por fin a España, nesta primeira exposición monográfica dun artista palestino. Salman ofrécenos unha colección de pinturas que encerra a súa concepción persoal do espazo, unhas composicións cargadas de forza e espontaneidade nas que o cor se converte nunha ferramenta expresiva fundamental.
A exposición cultivou unha gran afluencia de público até o momento, suscitando o interese de todo tipo de persoas que quixeron comprobar de primeira man o talento deste prometedor artista.
Jad Salman, dos espazos imposibles poderá visitarse de forma gratuíta en horario de luns a sábado de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.30, na Galería Fundación Araguaney tan só até o vindeiro sábado 12 de febreiro.
Tras a clausura desta exposición chegará a quenda da pintora colombiana Gloria Herazo, quen inaugurará unha mostra titulada “En Pausa” o xoves 17 de febreiro.