A CURTAMETRAXE O SOLDADIÑO DE CHUMBO, PREMIADA POR PARTIDA DOBRE NESTA FIN DE SEMANA

3 / 11 / 2009

O SOLDADIÑO DE CHUMBO, curtametraxe producida por Continental Animación e Algarabía e dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde recolleu sendos premios nos festivais Rec 09 (Ribadedeva en Corto), celebrado na localidade asturiana de Llanes e no Festival Pata Negra  que tivo lugar en Guijuelo (Madrid).

A entrega de premios no Festival Rec 09 tivo lugar o domingo  e a ela asistiu Tomás Conde mentres que a de Guijuelo se celebrou o pasado sábado 31 de outubro e foi Virginia Curiá a encargada de recoller o galardón.

Así mesmo, a curtametraxe vén de estar seleccionada no importante festival internacional de stop motion 2009 Montreal Stop-Motion Film Festival  i está pendente se saber si finalmente recibirá o premio á mellor curtametraxe de animación no festival nacional Filmets de Badalona no cal sairemos de dúbidas na gala de clausura que se celebrará o vindeiro 14 de novembro na localidade catalana.

A curtametraxe que conta coas voces de Luis Piedrahita e Manuel Manquiña e coa composición musical de Emilio Aragón, continúa así a súa andadura por festivais tanto nacionais como internacionais.

Por outra banda, a longametraxe de animación de Continental DE PROFUNDIS, estará presente no mes de decembro no Festival de Santa Marta, que se celebra en Colombia e no que se proxectará na sección Panorama Paradiso, onde os espectadores terán como “butacas” barcas e lanchas para disfrutar dela  nunha pantalla ubicada á beira do mar.

De Profundis é unha obra de Miguelanxo Prado e Nani García.

 

Se precisas máis información, podes contactar con Bea Cavanillas

(91 474 54 15, beatriz.cavanillas@continental-producciones.es)

Categoría: Novas
Etiquetas: