Xavier Bermúdez, director de entre outras “León y Olvido” é o novo presidente da Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (CREA). A súa candidatura foi elixida na asamblea ordinaria do 2008 da asociación. O seu mandato terá unha vixencia de dous anos nos que se compromete a reforzar a presencia da figura fundamental do director e do realizador no audiovisual galego. Ademais propón un dialogo coas outras asociacións do sector e coas administracións para que o audiovisual galego despegue definitivamente como vehiculo fundamental de expresión da nosa cultura.
Outros membros da xunta directiva son Hector Carré “A Promesa”, Manuel
Abad, Chema Gagino, Jorge Bouza e Xes García.