Marga Pazos e Xosé A. Touriñán serán os presentadores da gala dos premios Mestre Mateo que o vindeiro sábado, 23 de abril, terá lugar no Pazo da Ópera da Coruña para repasar o mellor da produción audiovisual galega do pasado ano. A gala, que estará dirixida por Xaime Fandiño, recordará que hai 100 se estrenou o primeiro filme galego, Miss Ledya, e desde esa conmemoración e con humor contar como é o mundo audiovisual galego na actualidade e reivindicar os seus aspectos propios. Desde este punto de partida, a gala repasará algunhas das circunstancias do sector no país. Marga Pazos e Xosé A. Touriñán combinarán na presentación dous caras do sector audiovisual, a información e o entretemento, coas súas linguaxes respectivas e complementarias desde o punto de vista do espectador. A gala contará con unha banda de música formadas por alumnas da facultade pontevedresa de Comunicación que forman parte da chamada Xeración Xabarín. Ademais, será a primeira vez que profesionais das actividades técnicas do audiovisual participarán na entrega dos premios.
Durante a Xuntanza dos Nomeados, que se celebrou en Cambre, ademais de dar a coñecer os presentadores e o argumento central da gala dos Mestre Mateo, a Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer os dous premios que concede a súa directiva. O premio de honra “Fernando Rey” e o premio especial “José Sellier”. O primeiro dedicado a recoñecer carreiras no sector audiovisual e o segundo a premiar iniciativas salientables no mesmo sector.
A AGA concedeu o premio “Fernando Rey”, ao director de cine e vídeo, Xavier Villaverde, por ser un dos pioneiros no renacer do cine en Galicia desde os anos oitenta.
O “José Sellier” foi concedido á Númax, o cinema, librería e laboratorio de produción aberto en Compostela hai pouco máis dun ano, herdeiro dos cines de arte e ensaio. A cooperativa foi avalada economicamente para a súa apertura por cerca de 200 persoas e ten unha programación con cine en versión orixinal subtitulada na que se poden ver estreas recentes de cine de pescuda. Nos trece meses de funcionamento pola sala pasaron máis de 30.000 espectadores”.
Intervencións
Marga Pazos: “Para os espectadores pode ser sorprendente ver a presentadora dos informativos presentando unha gala, para min tamén é unha sorpresa, pero me explicaron que este é un sector con moitas parceliñas e que hai que ir rebaixando os marcos”.
Xosé A. Touriñán: “Gustaríanos facer unha gala dinámica, rápida e divertida, pero xa sabemos que non vai ser pero a clave está en que os suban a recibir os premios sexan dinámicos, rápidos e divertidos, o resto poñemos decoración”.
Xavier Villaverde: “Se un quere ter unha mirada propia, o primeiro que ten que coñecer e como é o pasado, ten que ver moitas obras dos demais”. “Cando eu comecei había un equipo de xente da Xunta, Manolo González ou Luís Álvarez Pousa, agora boto de menos ese apoio a quen fai cine porque os cineastas non somos como escritores, con escribir non nos chega”.
Ramilo Ledo (Númax): “Temos as previsións iniciais desbordadas porque cando comezamos hai uno ano, no esperabamos ter 30.000 espectadores e 700 abonados”.
Carlos Ares (presidente da Academia): “Arredor dos premios a Academia quere facer moitas cousas, queremos que a participación das mulleres sexa cada vez maior no audiovisual galego, desde a propia gala dos Mestre Mateo”.