A actriz Fely Manzano, premio Mestre Mateo de Honra en 2015

23 / 03 / 2015

A xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual resolveu conceder o premio de Honra dos Mestre Mateo á actriz Fely Manzano (Ourense, 1942) polo seu amplo labor no mundo escénico e polo traballo realizado no audiovisual galego desde o seu mesmo inicio.

Actriz de teatro, de cine e de televisión, o rostro de Fely Manzano comezou a ser familiar para as audiencias galegas trala súa aparición nas primeiras teleseries emitidas pola Televisión de Galicia, como Servizo de urxencia. Tivo personaxes fixos en series como Pratos Combinados, nas que participou nas súas 11 temporadas, Fíos ou en A vida por diante. Tamén apareceu ocasionalmente en Mareas Vivas, Padre Casares ou Escoba! Algúns dos seus títulos en cine son Urxa, A lingua das bolboretas, Lena, La rosa de Alejandría ou Un Franco, 14 pesetas.

Iniciouse no teatro con obras de autores que van de Valle Inclán a Chejov. Do teatro pasou ao audiovisual, e ao mesmo tempo que asumía protagonismo nas seríes, participaba nun gran número de curtametraxes entre as que se hai títulos como Coruña imposible, Distrito Picasso ou Alzheimer.

Etiquetas: