Faite académica/o
Por que ser académica ou académico?
A Academia reúne a un colectivo plural e heteroxéneo de profesionais do audiovisual co obxectivo compartido de favorecer o coñecemento do noso traballo.
A Academia é un espazo común para a defensa, difusión e reflexión do que facemos. E ese é un labor no que non sobra ninguén. Anímate e participa.
Quen pode ser académica ou académico?
Calquera profesional do audiovisual, que desenvolva o seu traballo nas diversas especialidades do sector: Arte, Dirección, Distribución, Exhibición, Guión, Fotografía, Interpretación, Música, Posprodución, Produción, Promoción, Son, ….
Requisitos
Dedicarse profesionalmente a actividades relacionadas co audiovisual como mínimo durante os tres anos previos á solicitude de ingreso na Academia. No caso de estar en posesión dun título académico relacionado coas familias do sector, o prazo será dun ano dende a data de obtención do mesmo.
Como asociarse?
É necesario cubrir o formulario, achegando un currículo vitae no que se especifique a experiencia profesional no eido audiovisual.
Canto custa pertencer á Academia?
A cota anual é de 100 euros podendo escoller unha periodicidade anual, semestral, trimestral ou mensual.
E se teño dúbidas?
Para calquera dúbida, aclaración ou consulta podes contactar coa oficina da Academia no teléfono 981227701 ou no mail info@academiagalegadoaudiovisual.gal