Tralo traballo da Comisión de Seguimento das candidaturas aos PMM 09, a Academia Galega do Audiovisual fixo pública hoxe na súa web a listaxe das propostas aceptadas. Dende hoxe mesmo comeza o prazo de alegacións que se prolongará ata o día 18 de xaneiro, ás 13 horas.
As candidaturas aceptadas pódense atopar nesta web, na sección de Actividades / Premios Mestre Mateo. O día 20 de xaneiro daranse a coñecer as candidaturas definitivas presentadas.
Composición da Comisión de Seguimento para os PMM 09:
Área de dirección, Jairo Iglesias
Área de produción, Diana Gonçalves
Área de Arte, Ángel Nimo
Área de interpretación, Tamara Canosa
Área de música e son, Arturo Kress
Área de escritores audiovisuais, Puri Seixido
Área de fotografía, Enrique Banet