A Academia Galega do Audiovisual estrea perfil en Linkedin

17 / 07 / 2020

Esta semana ampliamos a nosa presenza en redes coa estrea do perfil en Linkedin da Academia Galega do Audiovisual.

Linkedin é unha rede social orientada aos negocios, o emprego e o uso empresarial. Nela, os usuarios rexistrados engaden as súas experiencias profesionais, formación, habilidades, coñecementos… coa finalidade de entrar en contacto con empresas e traballadores do sector ou sectores afíns.

A presenza da Academia nesta rede ten por obxectivo principal servir de punto de encontro para as persoas asociadas, gañadoras e gañadores de premios Mestre Mateo e María Luz Morales, empresas colaboradoras, persoal e participantes nas nosas actividades; favorecendo os intercambios de experiencias, as relacións profesionais e o intercambio de información artística, científica e técnica.

Podedes referenciar á Academia nas vosas publicacións en Linkedin, incorporar ao voso extracto profesional a nova páxina ou seguir o perfil da Academia Galega do Audiovisual para estar ao tanto das novidades e facer medrar a comunidade, favorecendo así os intercambios entre profesionais do audiovisual galego.

Categoría: Novas
Etiquetas: