A Academia e a AGADIC colaborarán para celebrar os XX Mestre Mateo cun formato de gala inédito

1 / 12 / 2021

A Coruña, 1 de decembro de 2021. Unha representación da xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual mantivo onte unha reunión na AGADIC co director, Jacobo Sutil, e a coordinadora de política audiovisual da institución, Dolores Meijomín, na que se acordou colaborar para que a celebración sexa un evento especial, cun formato de gala nunca visto nos vinte anos de vida dos premios do noso audiovisual.

O proxecto da XX edición dos Mestre Mateo foi presentado polo presidente da Academia, Álvaro Pérez Becerra, a vicepresidenta Sonia Méndez e a tesoureira Carmen Méndez, acompañados polo director da institución, Miguel Mariño.

Etiquetas: