Os guións das producións televisivas e cinematográficas sempre agochan dentro todos os segredos das obras: ideas, diálogos dos intérpretes, anotacións, indicacións de decorado… etc. A Academia Galega do Audiovisual quere achegarlle ao público e aos académicos e académicas algúns dos guións finalistas nesta XVI edición dos Premios Mestre Mateo para que o público poida lelos, valoralos e ver as obras tamén dende outra perspectiva.
Polo momento, xa están dispoñibles:
- Dhogs | Andrés Goteira.
- Serramoura (capítulos 62 -98) | Alberto Guntín, Lidia Fraga, Jacobo Díaz, Roberto G. Méndez, Araceli Gonda, Enrique Lojo, Benigno López, María Ferreiro, Iago Mariñas e José Rubio.
- A estación violenta | Ángel Santos, Xacobe Casas, Anxos Fazáns e Daniel Froiz.